RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con derrota hoxe do Fabril en Luanco e triunfo do Xuvenil B en Abegondo

Hoxe domingo 13 de outubro en ANOSACANTEIRA a visita do Fabril ao CD Marino de Luanco en Miramar foi o prato forte.

Ademais dos lesionados como Álex Pereira, Jaime Garrido, Luisao e Manu Ferreiro, foi baixa Aarón, expulsado o pasado sábado en Abegondo ante o UP Langreo na xogada que supuxo o gol do empate asturiano, xa no desconto.

Por contra foi titular o internacional Kevin Sánchez, que se adestrou durante a semana co primeiro equipo.

O filial caeu (2-0) produto dun frouxo inicio de partido ao encaixar os 2 goles nos primeiros 9 minutos.

Completou a xornada dominical o partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o CD Areosa resolto a favor das branquiazuis por 3-1. Con este resultado, o cadro deportivista suma 13 puntos, a 2 da cabeza da clasificación.

Onte sábado 12 xogáronse outros 5 partidos. 

Sobresaíu a goleada (1-5) do Xuvenil A, líder en solitario da División de Honra, ao Veriña CF. 

Ademais, en Abegondo o Cadete goleou ao CD Areosa (9-0); e no Monte o San Tirso SD Cadete caeu co CD Lugo (1-3) e o San Tirso SD Infantil dobregou ao UD Santa Mariña (3-0).

Fóra de casa o Infantil impúxose (1-2) en Oira ao Ourense CF despois de remontar un gol local aos 13 minutos de xogo.

Os amigables do Fabril FC Alevín o pasado xoves no Monte e do Benxamín A en Carral; ademais do do Alevín A en Carral o venres abriron o calendario.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
7ª xornada: MARINO DE LUANCO 2 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: VERIÑA CF 1 - XUVENIL A 5 (Álvaro, Lucas -2-, Rubén e Balbas)

Liga Nacional, 6ª xornada: XUVENIL B 3 (David Mosquera -2- e Miguel de Labra) - CD AREOSA 1

Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: CADETE 9 (Elías -5-, Antón, Gael, Borja e Roi) - CD AREOSA 0
División de Honra, 6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Nikolay) - CD LUGO 3

Categoría infantil
División de Honra, 5ª xornada: OURENSE CF 1 - INFANTIL 2 (Leo Sánchez e Iago Álvarez)
División de Honra, 5ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Carlos Crespo, Ruy Caamaño e Yoel Darriba) - UD SANTA MARIÑA 0

Categoría alevín
Amigable: UD CARRAL (infantil) 2 - ALEVÍN A 5 (Hugo Quintela -2-, Mateo Cortizas, Alejandro Astray e Lucas Albor)
Amigable: SAN TIRSO SD A 2 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Álex Casado -2-, Enzo Fernández -2-, Leo Lorenzo e Alberto Novo)

Categoría benjamín
Amigable: UD CARRAL (alevín) 2 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Couso e David Santiago)