RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor prepárase desde mañá mércores para tentar saldar o sábado "unha débeda pendente en ABANCA-RIAZOR"

O Dépor, hoxe con xornada de descanso, prepárase desde mañá mércores 16 de outubro en Abegondo para tentar saldar "en ABANCA-RIAZOR unha débeda pendente. Só gañamos un partido, o día do Racing de Ferrol. E o sábado temos unha nova oportunidade", sinalou Imanol Idiakez en referencia ao partido ante o CD Eldense do próximo 19 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion).

Os resultados da xornada, co empate de onte á noite (0-0) no Martínez Valero de Elche, deixaron a Os Nosos na 17ª posición con 9 puntos. "Este punto e todo o traballo das últimas semanas cunha vitoria ante o CD Eldense serviría de moito, para ratificar as sensacións que estamos a ter", subliñou o preparador deportivista.

Pablo Vázquez, pola súa banda, ve ao equipo "moi comprometido. Teño moi boa sensación. Vexo a todo o mundo moi metido e creo que van saír as cousas".

Imanol Idiakez disporá de 3 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 15 de outubro
Descanso

Mércores 16 de outubro
11:00 h.

Xoves 17 de outubro
11:00 h.

Venres 18 de outubro
11:00 h.

Sábado 19 de outubro
16:15: Deportivo - CD Eldense, en ABANCA-RIAZOR