RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Yeremay foi titular na goleada de España sub-21 a Malta

-Foto:@rfef.es

 

Yeremay Hernández foi titular esta tarde no seu segundo partido coa selección española sub-21 co que se pechou a fase de clasificación para o Campionato de Europa de Eslovaquia 2025.

O rival foi Malta no Estadio Nuevo Mirador de Algeciras resolto cunha exhibición ofensiva española: 6-0.

O atacante deportivista dispuxo da primeira ocasión do partido aos poucos minutos de xogo, unha cabezada a centro de Hugo Bueno que se foi fóra por pouco; e foi un pesadelo para a defensa maltesa mentres estivo sobre o céspede.

Yeremay foi relevado no minuto 59, con 4-0 xa no marcador, por Roberto Fernández.

O futbolista branquiazul regresará á Coruña ao mediodía de mañá para incorporarse o xoves aos adestramentos.

O xogador canario lembrará durante toda a súa carreira o 10 de outubro de 2024 e o Estadio Ciudad de La Línea en La Línea de la Concepción posto que foi ante Kazajistán onde a súa produciu o seu debut coa selección española sub-21.

Corría o minuto 59, con 4-1 no marcador a favor dos españois, e o canteirán deportivista, que empezou o choque no banco, saltaba ao céspede en substitución de Raúl Moro.

Gañou España (4-3), que xa ten o billete para o Europeo no peto.

Os resultados de Yeremay coa selección española sub-21 foron os seguintes:

Xoves 10 de outubro
ESPAÑA 4 - KAZAJISTÁN 3

Martes 15 de outubro
ESPAÑA 6 - MALTA 0