RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Nova sesión de traballo para Os Nosos "con moitas ganas de facer bo en ABANCA-RIAZOR o punto (de onte)"

Nada máis aterrar o avión en Galicia procedente de Alacante, Os Nosos puxeron rumbo ao estadio ABANCA-RIAZOR para realizar a habitual sesión pospartido.

Gauto traballou co readaptador Fernando Rodríguez; e Yeremay foi a única ausencia, posto que está concentrado coa selección española sub-21 para o partido de mañá martes ante Malta en Algeciras.

Onte na zona mixta do Estadio Martínez Valero de Elche, Pablo Vázquez asegurou que "o equipo está ben. Temos cousas que mellorar pero con confianza plena. Van saír as cousas".

Apenas uns minutos despois de acabar o partido, o central xa afirma que "imos con moitas ganas de facer bo este punto en ABANCA-RIAZOR, que #ANOSAFORZA estea connosco a matar".

O defensor branquiazul cre que o choque ante o CD Eldense deste sábado 19 de outubro en ABANCA-RIAZOR (16:15, LaLiga TV Hypermotion) "é un bo momento para tentar sumar de 3".

Imanol Idiakez dispuxo unha activación con rondos para todos e tarefas de recuperación para os titulares onte á noite. Os demais membros do cadro continuaron cun xogo de posición e unha serie de partidos de fútbol reducido, de alta intensidade.

Mañá martes 15 de outubro haberá xornada de descanso. Os Nosos regresan aos adestramentos o mércores 16 de outubro ás 11:00 en Abegondo.