RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Pleno de triunfos hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina á espera dun domingo co Dépor ABANCA B en Abegondo

A xornada en ANOSACANTEIRA repártese entre hoxe sábado 12 e mañá domingo 13 de outubro.

Mañá sobresae o encontro do Deportivo ABANCA B, que se mide en Abegondo (12:30) ao CD Romanón.

As branquiazuis son segundas na táboa de Tercera Federación, a 2 puntos do líder, o Olímpico de León.

Será baixa Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 na República Dominicana para participar no Campionato do Mundo.

Ademais estará Michi Apóstol, que hoxe sábado estivo co primeiro equipo no seu partido en ABANCA-RIAZOR ante o Madrid CFF. A internacional venezolana non chegou a saltar ao céspede.

Óscar Orro citou ademais ás seguintes xogadoras: Martina Rivas, Vázquez, Lucía Mariño, Paula Novo, Noelia Mayo, Paula Monteagudo, Redru, Sara Cercido, Laura Ruiz, Laura Otero, Laura Santos, Anfal El Yamani e Yanis Citoula; ademais de Emma Gandoy e Dunia Dahmouni (Orzán SD Sub-21); e Antía Veiga (Orzán SD Cadete).

Os outros 2 encontros son na Torre: o Orzán SD Sub-21 ante o RC Celta B (16:00) e o Orzán SD Xuvenil fronte ao PM Friol B (18:00).

Hoxe sábado houbo pleno de vitorias co Orzán SD Cadete ante o Silva SD (1-6); e co Orzán SD Infantil A (na foto principal da noticia) (6-2) e Orzán SD Infantil B (na foto inferior) (10-2) na Torre ante o Racing de Ferrol e Torre SD respectivamente.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD ROMANÓN, mañá domingo 13 de outubro ás 12:30 en Abegondo

Primera Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - RC CELTA B, mañá domingo 13 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - PM FRIOL B, mañá domingo 13 de outubro ás 18:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete
3ª xornada: SILVA SD 1 - ORZÁN SD CADETE 6 (Sofía Rodríguez, Martina Santamarina, Carla Álvarez -2-, Lola Freire e Carmen Couto)

Liga Galega infantil
3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 6 (Carolina Lago -3-, Alba García -2- e Helen Vega) - RACING DE FERROL 2
3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 10 (Carolina González, Bianca Ventureira -2-, Sasha Abigail, Nerea Cruz -2-, Amanda Ocampo -2- e Claudia García -2-) - TORRE SD 2