RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con goleada do Dépor ABANCA B e triunfo do Orzán SD Sub-21 no primeiro derbi galego da historia

A xornada en ANOSACANTEIRA repartiuse entre onte sábado 12 e hoxe domingo 13 de outubro.

Sobresaíu esta mañá o encontro do Deportivo ABANCA B, que se impuxo en Abegondo (14-0) ao CD Romanón nun partido sen historia.

Foi baixa Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 na República Dominicana para participar no Campionato do Mundo.

Por contra si foi titular e anotou 2 goles Michi Apóstoo, que onte sábado estivo co primeiro equipo no seu partido en ABANCA-RIAZOR ante o Madrid CFF. A internacional venezolana non chegou a saltar ao céspede.

Os outros 2 encontros foron na Torre.

O Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) impúxose ao RC Celta B (1-0) no primeiro #ONOSODERBI feminino da historia cun gol de Iria Otero no minuto 72. As orzanistas lideran a táboa con 13 puntos por 12 das celestes.

Ademais, o Orzán SD Xuvenil goleou (7-0) ao PM Friol B para situarse, con 11 puntos, na 5ª posición da Segunda Autonómica.

Onte sábado houbo pleno de vitorias co Orzán SD Cadete ante o Silva SD (1-6); e co Orzán SD Infantil A (6-2) e Orzán SD Infantil B (10-2) na Torre ante o Racing de Ferrol e Torre SD respectivamente.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta), - CD ROMANÓN 0

Primera Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Iria Otero) - RC CELTA B 0

Segunda Autonómica
5ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 7 (Sofía Milhem -2-, Alexia Freire -2-, Marta Moreno -2- e Lola Freire) - PM FRIOL B 0

Liga Galega cadete
3ª xornada: SILVA SD 1 - ORZÁN SD CADETE 6 (Sofía Rodríguez, Martina Santamarina, Carla Álvarez -2-, Lola Freire e Carmen Couto)

Liga Galega infantil
3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 6 (Carolina Lago -3-, Alba García -2- e Helen Vega) - RACING DE FERROL 2
3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 10 (Carolina González, Bianca Ventureira -2-, Sasha Abigail, Nerea Cruz -2-, Amanda Ocampo -2- e Claudia García -2-) - TORRE SD 2