RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Á venda as entradas de público para os partidos en ABANCA-RIAZOR ante o CD Eldense e Real Racing Club

Xa están á venda as entradas de público para os partidos en ABANCA-RIAZOR do sábado 19 de outubro ás 16:15 fronte ao CD Eldense, correspondente á 10ª xornada; e do domingo 27 de outubro ás 16:15 fronte ao Racing de Santander, correspondente á 12ª xornada.

Para o conxunto levantino, os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 25 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

No caso do partido ante os cántabros, os prezos van desde os 150 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 40 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queiran comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) presentando o DNI da persoa abonada. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD co seguinte horario de luns a venres: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.