RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Á venda online para o público as entradas para o Dépor ABANCA - Madrid CFF deste sábado 12 ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda unicamente online en https://bancada.rcdeportivo.es/  as entradas de público, ao prezo único de 10 euros, para o partido entre o Dépor ABANCA e o Madrid CFF, correspondente á 6ª xornada da Liga F, do sábado 12 de outubro ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR.

Os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA tamén deben retirar a súa entrada (gratuíta e obrigatoria) online en https://bancada.rcdeportivo.es/.

En primeiro momento están dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.

As persoas que non sexan abonadas ao RC Deportivo poden darse de alta na OAD como socio/a amigo/á o prezo de 50 euros e abonar o citado suplemento de 15 euros que lles permitirá asistir a todos os partidos en casa do Dépor ABANCA.

O horario da OAD é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.