RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

ANOSACANTEIRA brilla en Lalín, con medalla de ouro para o Alevín A e Benxamín A

Actividade hoxe xoves 12 de outubro, día festivo, en #ANOSACANTEIRA coa participación de tres equipos no Torneo EF Lalín na modalidade de fútbol 8; e dun amigable do Fabril FC Alevín en Abegondo ante o Sada CF, saldado con vitoria fabrilista (7-1).

No Manuel Anxo Cortizo lalinense, Alevín A e Benxamín A (na foto da noticia) foron campións; mentres que o Fabril FC Benxamín, brillante semifinalista.

Ademais, Leo Lorenzo, do conxunto benxamín, foi nomeado mellor xogador do torneo.

O calendario desta semana abrírono o Infantil e San Tirso SD Infantil, que adiantaron ao pasado martes 10 de outubro en Abegondo o seu partido correspondente á 5ª xornada da División de Honra infantil.

Victoria lóxica para o conxunto deportivista (5-0), con xogadores un ano maiores que 'os verdes', grazas aos goles de Miguel -3-, Antón e Raúl.

No conxunto branquiazul, Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl e Esteban participaron nun amigable da selección galega sub-14 onte mércores no campo de Valiño (Boiro) ante o EFM Concello de Boiro; ao que tamén acudiron Hugo Ferreiros e Antón Vilariño, do San Tirso SD Infantil.

Polo demais, #ANOSACANTEIRA segue de parabén debido a que Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007), xogadora do Deportivo ABANCA B, foi citada de novo por Kenio Gonzalo, seleccionador español sub-17, para unhas xornadas de adestramento a próxima semana.

A selección española feminina sub-17 concentrarase na Cidade do Fútbol de Las Rozas o luns 16 de outubro para realizar varias sesións de adestramento. Dita concentración estenderase ata o mércores 18 de outubro, despois da comida.

A pasada semana, do luns 2 ao mércores 4 de outubro, Elena traballou tamén en Las Rozas con este mesmo combinado nacional, naquela ocasión xunto á súa compañeira Lucía Rivas, que esta vez non foi convocada.

En canto ao fin de semana, os dous filiais xogan o sábado 14 de outubro.

O Fabril, despois das boas sensacións ante a SD Compostela a pesar de acabar en empate o partido en Abegondo, visita ao Ourense CF (18:00, Oira), un dos rivais da zona alta.

Óscar Gilsanz ten as baixas do lesionados Puerto; Diego Gómez, cunha fractura no quinto metacarpiano da súa man dereita; e Fernando Solominos, cunha lesión muscular no sóleo da súa perna esquerda.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B recibe na Cidade Deportiva (16:30) ao Real Oviedo Femenino B, un equipo tamén da zona nobre de Tercera Federación FutFem.

Ademais o sábado xóganse outros 6 partidos con representación deportivista.

Destaca o do Xuvenil A, que se mide en Abegondo (16:30) a un Sporting de Gijón en horas baixas. Os branquiazuis chegan ao partido despois de protagonizar a goleada da xornada a pasada fin de semana co 8-1 ao SD Revilla.

Tamén na Cidade Deportiva o Cadete enfróntase ao CD Conxo Santiago (10:30) e no Monte o San Tirso SD Cadete ao RC Celta (12:00) nun partido con moito que gañar e pouco que perder para os 'verdes'.

Destes dous equipos, os branquiazuis Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Leandro; ademais de Gael, Mauro e Samba do San Tirso SD Cadete estiveron coa selección galega sub-16 nun partido amigable onte mércores no campo de Valiño de Boiro ante o CD Boiro de Liga Nacional xuvenil.

A maiores, o Orzán SD Cadete Femenino, cunha traxectoria inmaculada ata a data na Liga Galega, vese as caras na Torre co Victoria CF (12.15), nun duelo coruñés de altos voos.

Fóra de casa, o Xuvenil B, con pleno de triunfos na Liga Nacional, xoga en Boiro; e o Orzán SD Infantil B Femenino buscará a súa primeira vitoria na Liga Galega en Pastoriza (12:30).

Para a xornada do domingo quedan tres 'orzanes'. Na Torre xoga o Orzán SD B sub-16 Femenino (16:00) ante o Sporting Meicende; e os restantes fóra: o Orzán SD Xuvenil Femenino en Narón (16:30) ante a SD O Val e o Orzán SD Infantil A Femenino en Lugo (12:00) ante a SCD Milagrosa.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL OVIEDO FEMENINO B, o sábado 14 de outubro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Sárdoma CF e Real Avilés CF, 15 puntos; 3. Lóstrego CF, 13 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, 12 puntos; 5. Olímpico de León e Real Oviedo Femenino B, 10 puntos...

5ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 15 de outubro ás 16:30 no campo de O Sinde A (Narón)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Femenino, 12 puntos; 2. Sporting Cambre, 9 puntos; 3. Bergantiños CF, SD O Val, Tomiño FC Femenino e Lóstrego CF B, 7 puntos...

4ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SPORTING MEICENDE, o domingo 15 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 7. Sporting Meicende, 4 puntos... 11. Xallas FC, Cultural Maniños e ED Os Miúdos, 3 puntos; 14. Orzán SD B sub-16 Femenino, 2 puntos; 15. SD Antas e SCD Milagrosa, 0 puntos

4ª xornada. ORZÁN SD CADETE FEMENINO - VICTORIA CF, o sábado 14 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, Victoria CF e SD O Val, 9 puntos; 4. Escuela FB Amistade, EF Lalín, Dumbría CF e Bergantiños CF, 6 puntos...

4ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o domingo 15 de outubro ás 12:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)

4ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o sábado 14 de outubro ás 12:30 no Municipal de Pastoriza (Arteixo)

Clasificación da División de Honra: 1. Orzán SD Infantil A Femenino e Victoria FC, 9 puntos... 7. SCD Milagrosa, Club Rosalía Mera, SCD Pastoriza, UC Cee, Sporting Burgo, Arzúa FCF e AD Cristo Rey, 3 puntos; 14. Orzán SD Infantil B Femenino e Torre SD, 0 puntos

Segunda Federación
7ª xornada: OURENSE CF - FABRIL, o sábado 14 de outubro ás 18:00 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación: 1. Zamora CF, 18 puntos; 2. Pontevedra CF, Rayo Cantabria e Ourense CF, 11 puntos; 5. CD Guijuelo e RS Gimnástica de Torrelavega, 10 puntos; 7. Fabril e Racing Villalbés, 9 puntos...

Categoría xuvenil
7ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o sábado 14 de outubro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 3. Real Oviedo, 15 puntos; 4. CD Choco, 12 puntos; 5. Xuvenil A e Real Racing Club, 11 puntos; 7. Arosa SC, 10 puntos; 8. Sporting de Gijón, 7 puntos...

6ª xornada: CD BOIRO - XUVENIL B, o sábado 14 de outubro ás 17:00 en Vista Alegre (Boiro)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 15 puntos, 2. RC Celta B, 12 puntos... 12. CD Boiro, 5 puntos...

Categoría cadete
6ª xornada: CADETE - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 14 de outubro ás 10:30 en Abegondo

6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RC CELTA, o sábado 14 de outubro ás 12:00 no Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, RC Celta e CD Conxo Santiago, 15 puntos; 4. ED Xuventude de Oroso, 12 puntos... 12. San Tirso SD Cadete, 4 puntos...

Categoría infantil
Martes 10, 5ª xornada: INFANTIL 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (un partido máis), 15 puntos; 2. RC Celta, 10 puntos... 12. CD Lugo, EF Portero 2000 e San Tirso SD Infantil (un partido máis), 3 puntos; 15. Bertamiráns FC, 2 puntos; 16. Pabellón Ourense CF, 0 puntos

Categoría alevín
Torneo EF Lalín de fútbol 8, no Manuel Ánxo Cortizo (Lalín)
Xoves 12 de outubro
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (David Gómez e Martín López) - UD OURENSE 0
ALEVÍN A 1 (Álvaro Gómez) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1
CD LUGO 0 - ALEVÍN A 3 (David Gómez, Iván Gil e Rui Fernández)
EF LALÍN 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Luaces -2-, Álvaro Gómez -2- e Enzo Bértoa -2-)

Cuartos de final
ALEVÍN A 5 (Álvaro Gómez -3-, David Gómez e Brais Martínez) - ESCOLA ESTRADA FB 0

Semifinal
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Sergio Fernández) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Final
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Sergio Fernández) - RC CELTA 1

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -3-, Íker Ferreiro e Hugo Álvarez) - SADA CF 1

Categoría benxamín
Torneo EF Lalín de fútbol 8, no Anexo ao Manuel Ánxo Cortizo (Lalín)
Xoves 12 de outubro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Diego Castelo) - AJ LÉREZ 0
EF LALÍN 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Mateo Cardelle -2-, Diego Castelo e Adrián Liñares)
BENXAMÍN A 2 (Mateo Cardelle e Alberto Novo) - ED VAL MIÑOR 1
ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo -2-, Álex Casado e Adrián Liñares)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 4 - BERTAMIRÁNS FC 1 (Mateo Songo'o -2-, Leo Lorenzo e Alberto Novo)

Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Alberto Novo -2- e Leo Lorenzo) - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Final
BENXAMÍN A 4 (Leo Lorenzo, Alberto Novo, Álex Casado e Diego Castelo) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2

Torneo EF Lalín de fútbol 8, no Anexo ao Manuel Ánxo Cortizo (Lalín)
Xoves 12 de outubro
Primeira Fase
RC CELTA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Martín Coronel -2-) - ESCOLA ESTRADA FB 1
BERTAMIRÁNS FC 1 (Nico Castro) - FABRIL FC BENXAMÍN 1
URAL ESPAÑOL CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Galván e Martín Martelo)

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Galván -2-) - AJ LÉREZ 0

Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - DEPORTIVO 3