O Dépor ABANCA B abre o sábado en Vigo unha nova semana de competición en ANOSACANTEIRA feminina
O partido do Dépor ABANCA B o sábado 21 no campo vigués das Relfas ante o Sárdoma CF, correspondente á 3ª xornada na Tercera Federación, abre o calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA feminina.
O filial suma 4 puntos no que vai de liga cun empate en Valladolid na 1ª xornada e un triunfo a pasada fin de semana en Abegondo ante o Victoria FC.
Para o domingo quedan os partidos dos 'orzanes', o Orzán SD Sub-21 Femenino ás 17:30 en Narón e o Orzán SD Xuvenil Femenino ás 18:00 na Torre.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación 3ª xornada: SÁRDOMA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 21 de setembro ás 17:30 nas Relfas (Vigo)
Primeira Autonómica 2ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD SUB-21 FEMENINO, o domingo 22 de setembro ás 17:30 no campo de O Sinde B
Segunda Autonómica 2ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - BREXO LEMA SD, o domingo 22 de setembro ás 18:00 na Torre (campo 2)