RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao Infantil escápaselle en Vigo #ONOSODERBI a pesar de adiantarse con 0-2

Ao Infantil escapóuselle (4-2) na Madroa (Vigo) #ONOSODERBI da División de Honra, correspondente á 29ª xornada. E iso que os branquiazuis puxéronse rápido con vantaxe no marcador grazas aos goles de Roi (minuto 4) e Casuso (25).

Non obstante os celestes, líderes da categoría, conseguiron igualar antes do descanso e sentenciaron con 2 goles máis despois do paso polos vestiarios.

Con este resultado, o equipo de Kata Sicardi queda con 72 puntos na 2ª posición da táboa.

Infantil: Gabri, Gael, Sergio Míguez, Adrián, Samba, Mauro, Borja, Trigo, Casuso, Nico e Roi. Tamén xogaron: Joaquín, Xoel, Iago Vázquez, Mateo e Iker Rozada.

O xoves 4 de maio ás 19:00, o Infantil recibe en Abegondo ao Ural Español CF, en partido adiantado á fin de semana.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)
Infantil 9 (Gael, Mauro -2-, Iker -2-, Nico, Borja e Casuso -2-) - Escola Fútbol DSF 0
Arosa SC 1 - Infantil 3 (Nico e Roi -2-)
Infantil 7 (Borja, Antón -2-, Iker, Mateo, Roi e Joel) - Victoria FC 0
UD Santa Mariña 2 - Infantil 1 (Casuso)
Infantil 8 (Borja -3-, Casuso -2-, Joel, Joaquín e un futbolista rival en propia porta) - CD Conxo Santiago 0
Infantil 0 - RC Celta 1
Ural Español CF 1 - Infantil 3 (Casuso, Gael e Antón)
San Tirso SD Infantil 1 - Infantil 6 (Antón -2-, Iker Rozada, Gael, Nico e Casuso)
Infantil 2 (Nico e Borja) - Pabellón Ourense CF 1
EF Portero '2000' 0 - Infantil 6 (Iago Vázquez, Nico -2-, Mauro e Iker Rozada -2-)
Infantil 9 (Casuso -4-, Gael, Trigo -2- e Iker Rozada -2-) - Bergantiños CF 0
CD Areosa 0 - Infantil 4 (Borja, Antón e Iker Rozada -2-)
Infantil 3 (Casuso, Mauro e Gael) - CD Lugo 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Infantil 2 (Borja -2-)
Infantil 8 (Iker Rozada -2-, Gael -2-, Trigo, Mauro, Antón e Álvaro) - Cidade de Ribeira CF 1
Escola Fútbol DSF 2 - Infantil 2 (Antón e Gael)
Infantil 4 (Nico -2-, Casuso e Iker Rozada) - Arosa SC 0
Victoria FC 0 - Infantil 2 (Borja e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 4 (Casuso, Roi, Nico e Iker Rozada) - UD Santa Mariña 3
CD Conxo Santiago 1 - Infantil 3 (Gael -2- e Borja)
RC Celta 4 - Infantil 2 (Roi e Casuso)