Un só equipo tivo competición este domingo 1 de setembro. O San Tirso SD Cadete (na foto da noticia) logrou a medella de bronce no campo de Baltar en Portonovo na Sanxenxo Cup.
Dous equipos de ANOSACANTEIRA arrincaron a competición oficial onte sábado 31 de agosto.
O Fabril iniciou a liga no grupo 1º de Segunda Federación en Abegondo cunha inmerecida derrota ante o Real Ávila CF (0-1).
O filial chegou ao choque con varios movementos de fichaxes nas últimas horas, como foron o atacante Fabián e o mediocentro defensivo Quique Fernández; ademais das cesións ao Betanzos CF de Álex Delgado e David Domínguez.
Foron baixa por lesión Álex Pereira e Kevin Sánchez.
O encontro deixou o debut na recta final de dous xuvenís de Abegondo, Dani Estévez e Noé. O terceiro da convocatoria, Guerrero, foi titular.
Tamén se estreou en liga o Xuvenil A en a División de Honra, neste caso no campo da Grela con triunfo (1-3) ante o Atlético Coruña Montañeros CF.
Pola súa banda seguen con amigables o resto de equipos de ANOSACANTEIRA.
Onte sábado o Xuvenil B venceu en Cambre (1-2) ao equipo sénior local de Primera Futgal; o Cadete e o Infantil en Cedeira ante o Racing de Ferrol (1-2 e 0-4 respectivamente); e o San Tirso SD Infantil adxudicouse o Memorial David Eiroa en Pastoriza (Arteixo) após derrotar na final (3-0) ao RC Celta B.
Un só encontro disputouse o pasado xoves 29 de agosto.
O San Tirso SD Cadete de División de Honra caeu (2-0) na súa visita á SD Compostela no campo das Cancelas.
Os empates o martes do Cadete ante o Atlético Arteixo xuvenil en Abegondo (2-2) e do Infantil ante o CD Conxo Santiago cadete no campo santiagués da Merced (0-0); e a vitoria do San Tirso SD Infantil ante o Atlético Coruña Montañeros CF no Monte (1-0) abriron a semana.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL 0 - REAL ÁVILA CF 1
Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - XUVENIL A 3 (José Rey, Álvaro e Balbas)
Amigable: SPORTING CAMBRE 1 (Primera Futgal) - XUVENIL B 2 (Mauro e Pablo Crespo)
Categoría cadete
Martes 27, amigable: CADETE 2 (Nico e Pablo Crespo) - ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 2
Amigable: RACING DE FERROL 1 - CADETE 2 (Roi -2-)
Xoves 29, amigable: SD COMPOSTELA 2 - SAN TIRSO SD CADETE 0
II Sanxenxo Cup en Baltar (Portonovo)
Domingo 1 de setembro
Primeira Fase
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Jurgen) - URAL ESPAÑOL CF 0
AJ LÉREZ 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0
CD CHOCO 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0
Cuartos de final
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Jurgen) - UD SANTA MARIÑA 0
Semifinal
SAN TIRSO SD CADETE 0 - ED VAL MIÑOR 1
Terceiro e cuarto posto
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Esteban) - AJ LÉREZ 0
Categoría infantil
Martes 27, amigable: CD CONXO SANTIAGO (cadete) 0 - INFANTIL 0
Amigable: RACING DE FERROL 0 - INFANTIL 4 (Hugo Caridad -3- e Hugo Ferreiros)
Martes 27, Amigable: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Diego) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
II Memorial David Eiroa, no Municipal de Pastoriza (Arteixo)
Sábado 31 de agosto
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - RACING DE FERROL 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD LUGO 1
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Sergio Fernández) - CD CALASANZ 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - RC CELTA B 3
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Álvaro -2- e Iván Gil) - BERTAMIRÁNS FC 0
Final
SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Rui Caamaño, Álvaro e Nacho Villanueva) - RC CELTA B 0