RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos nunha fin de semana con debut para o Xuvenil B e os dous equipos cadetes en liga

A fin de semana en ANOSACANTEIRA está marcado polo inicio de liga para o Xuvenil B en Liga Nacional e para os dous equipos cadetes na División de Honra.

Os pupilos de Miguel Figueira reciben o domingo 8 ás 12:00 ao Porriño Industrial FC. Antes, o sábado 7, o Cadete mídese na Cidade Deportiva (11:30) ao ED Val Miñor Nigrán e o San Tirso SD Cadete visita en San Pedro de Visma (16:00) ao Ural Español CF.

O sábado tamén xoga o Fabril en Valladolid ante o filial pucelano (17:30 horas). Os fabrilistas caeron na 1ª xornada a pasada fin de semana en Abegondo ante o Real Ávila CF (0-1).

E en Abegondo, o Xuvenil A estréase en casa fronte á RS Gimnástica de Torrelavega (17:00 horas) despois do primeiro triunfo na Coruña ante o Atlético Coruña Montañeros CF (1-3).

En canto ao resto de equipos ten torneo amigable o San Tirso SD Infantil en Miranda do Corvo (Portugal); e os dous equipos alevíns e os dous benxamíns en Narón.

A semana abriuna o amigable do San Tirso SD Infantil, que caeu en Abegondo (2-5) ante o CD Calasanz B de categoría cadete, un rival integrado por xogadores 2 anos maiores.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
2ª xornada: REAL VALLADOLID PROMESAS - FABRIL, o sábado 7 de setembro ás 17:30 nos campos Anexos ao Estadio José Zorrilla

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA, o sábado 7 de setembro ás 17:00 en Abegondo

Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL FC, o domingo 8 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 7 de setembro ás 11:30 en Abegondo

División de Honra, 1ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 7 de setembro ás 16:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)

Categoría infantil
Martes 3 de setembro, amigable: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Carlos Crespo -2-) - CD CALASANZ B (cadete) 5

Miranda Cup en Portugal
Primeira Fase
Venres 6 de setembro
10:30: FC PORTO - SAN TIRSO SD INFANTIL (no campo Sá Carneiro, Miranda do Corvo)
16:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CDR PENELENSE (no campo Sao Jorge, Penela)

Sábado 7 de setembro
10:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CF OS MARIALVAS (no campo Sá Carneiro, Miranda do Corvo)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase de Oro e os dous seguintes, á Fase de Plata

Categoría alevín
IX Torneo Internacional Cidade de Narón no Estadio Municipal de Río Seco
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase
13:00: ALEVÍN A - RACING DE FERROL (campo 1)
14:50: ALEVÍN A - CULTURAL LEONESA A (campo 3)
16:55: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
18:40: ALEVÍN A - OZA JUVENIL SD (campo 3)
20:45: ALEVÍN A - RÁPIDO DE NEDA (campo 3)
Os dous primeiros xogarán a Fase de Oro mentres que o 3º e o 4º a Fase de Plata, todo iso o domingo 8

IX Torneo Internacional Cidade de Narón no Estadio Municipal de Río Seco
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase
13:25: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF (campo 3)
15:40: SC BRAGA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
19:30: FABRIL FC ALEVÍN - GALICIA CARANZA (campo 1)
21:10: SD COMPOSTELA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 4)
Os dous primeiros xogarán a Fase de Oro mentres que o 3º e o 4º a Fase de Plata, todo iso o domingo 8

Categoría benxamín
IX Torneo Internacional Cidade de Narón no Estadio Municipal de Río Seco
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase
14:25: BENXAMÍN A - SD COMPOSTELA (campo 3)
16:30: BENXAMÍN A - ED LUÍS CALVO (campo 1)
18:15: BENXAMÍN A - SDCR NARÓN O FREIXO A (campo 3)
22:00: BENXAMÍN A - ADC A PIRINGALLA (campo 3)
Os dous primeiros xogarán a Fase de Oro mentres que o 3º e o 4º a Fase de Plata, todo iso o domingo 8

IX Torneo Internacional Cidade de Narón no Estadio Municipal de Río Seco
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase
14:25: FABRIL FC BENXAMÍN - CLUB DE CAMPO (campo 2)
16:05: RC CELTA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 3)
18:15: FABRIL FC BENXAMÍN - GALICIA CARANZA (campo 2)
19:55: ED XUVENTUDE DE OROSO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 3)
Os dous primeiros xogarán a Fase de Oro mentres que o 3º e o 4º a Fase de Pata, todo iso o domingo 8