RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas, desde mañá mércores "a traballar máis e mellor para facer un bo partido" este sábado 23 ante o Sevilla FC

As Nosas, "doídas polas sensacións porque non estivemos ben" ante o RCD Espanyol o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR, como apuntou Irene Ferreras na rolda de prensa pospartido, comezan mañá mércores a preparar a visita ao Sevilla FC, correspondente á 11ª xornada en Liga F.

O encontro ante as andaluzas xogarase no Estadio Jesús Navas da Cidade Deportiva sevillista o sábado 23 de novembro ás 12:00 (Dazn).

A derrota (0-1) ante as catalás deixa ao Dépor ABANCA en 15ª posición da táboa con 6 puntos e un partido menos xogado, o aprazado ante a Valencia Féminas que será o próximo 18 de decembro.

A adestradora deportivista cre necesario agora "valorar en frío, mellorar e mirar cara a adiante, que é o que toca nestes casos".

Desvelou ante os medios de comunicación que "reflexionarei sobre todas as decisións que tomei ao longo do partido e a seguir crecendo".

Irene Ferreras opina que co choque ante o RCD Espanyol "fréase un pouco esa progresión ascendente en canto a sensacións e crecemento do xogo, pero isto é fútbol".

En consecuencia conclúe que nestes momentos "hai que querernos moito, mirar o bo que temos, e a traballar máis e mellor para facer un bo partido o próximo día e que podamos conseguir o obxectivo".

O Dépor ABANCA terá 3 sesións de adestramento matinais esta semana. A última, o venres 22, adiántase ás 9:30 porque, nada máis concluír, as futbolistas convocadas viaxarán a Sevilla.

Cada día antes de saltar ao céspede haberá ximnasio e vídeo para o cadro.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 20 de novembro
11:00 h.

Xoves 21 de novembro
11:00 h.

Venres 22 de novembro
9:30 h.

Sábado 23 de novembro
12:00: Sevilla FC - Deportivo ABANCA, no Estadio Jesús Navas (Cidade Deportiva do Sevilla FC)