RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

As numerosas ausencias condicionaron a estrea en pretemporada do Deportivo ABANCA B

O Deportivo ABANCA B, cun equipo infestado de xuvenís e algunha xogadora cadete, caeu (3-0) ante o Real Avilés CF no seu primeiro amigable de pretemporada.

O partido estivo condicionado polas ausencias importantes como a de Elena Vázquez, Lucía Rivas e Carmen Carballada, citadas co Deportivo ABANCA para medirse ao SC Braga en Abegondo; e con xogadoras lesionadas como Noela, Paula Novo, Ana Capelo, Nuria Gómez ou Andrea Ansede.

Aínda así, o encontro serviu ao conxunto de Óscar Orro, vixente subcampión de liga, para coller minutos e rodarse de cara ao comezo de liga en Primera Nacional.

Deportivo ABANCA B: Yaiza García, Celia Sousa, María Calvo, Uxía López, Lucía Mariño, Sara Cercido, Iria Otero, Laura Testa, Laura Otero, Elena López 'Cusi' e Laura Santos. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Martina Rivas, Daniela Basalo, Emma Gandoy, Macarena González, Noe Gómez e Antía Brage.

Esta semana, o filial afrontará dous novos amigables: o mércores 16 de agosto ás 18:00 no campo das Baloutas ante o UD Mos e o sábado 19 ás 19:00 no campo de Barrantes (Ribadumia) ante o Umia CF.