O partido este venres ás 17:30 entre o Cadete e o San Tirso SD Cadete, correspondente á 14ª xornada na División de Honra, abre o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA.
Os branquiazuis (na foto da noticia) marchan segundos na táboa mentres que os 'verdes' ocupan unha meritoria 7ª praza.
Xa o sábado, en horario pouco habitual, as 12:00 (YouTube RC Deportivo), xoga o Fabril ante o CD Laredo, equipo que pecha agora mesmo a clasificación no grupo 1º de Segunda Federación.
Os fabrilistas buscarán sumar os 3 puntos despois de perder 1 punto o pasado domingo no desconto do partido no Helmántico ante o Salamanca CF UDS.
O Club mantén activo o o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.
As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até hoxe mércores 11 de decembro ás 23:59 h.
A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completan a xornada do sábado en Abegondo outros dous partidos: ás 12:30 o Xuvenil B mídese en Abegondo ao Atlético Arteixo en Liga Nacional; e ás 16:00 o Infantil ao Escola de Fútbol DSF na División de Honra.
Para o domingo quedan outros dous encontros: o Xuvenil A na Cidade Deportiva (12:00) ante o ED Val Miñor Nigrán e o San Tirso SD Infantil no campo ferrolán da Gándara (10:00) fronte ao Racing de Ferrol.
O Alevín A e o Fabril FC Benxamín abriron o calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA coa disputa dos seus compromisos de liga da pasada fin de semana, correspondentes á 7ª xornada no grupo 1º da Primera A Coruña.
Ambos os choques, ante o Victoria CF, foron aprazados pola participación do Alevín A na Lointek Amorebieta-Etxano Cup, na que logrou a medalla de prata; e pola do Fabril FC Benxamín no Memorial Tucho de la Torre, competición na que alcanzou os cuartos de final.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
16ª xornada: FABRIL - CD LAREDO, o sábado 14 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 6. Rayo Cantabria e Real Valladolid Promesas, 23 puntos; 8. Fabril (un partido menos), 22 puntos; 9. SD Compostela e Marino de Luanco, 21 puntos... 18. CD Laredo, 7 puntos
Categoría xuvenil
15ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 15 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Xuvenil A, 34 puntos; 3. Sporting de Gijón, 27 puntos... 6. ED Val Miñor Nigrán, 19 puntos...
14ª xornada: XUVENIL B - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 14 de decembro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 33 puntos; 2. Xuvenil B, 31 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 28 puntos... 8. Atlético Arteixo, 19 puntos...
Categoría cadete
14ª xornada: CADETE - SAN TIRSO SD CADETE, o venres 13 de decembro ás 17:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta (un partido menos) e Cadete, 36 puntos; 3. Arosa SC, 26 puntos... 7. San Tirso SD Cadete, 21 puntos...
Categoría infantil
12ª xornada: INFANTIL - ESCOLA DE FÚTBOL DSF, o sábado 14 de decembro ás 16:00 en Abegondo (campo de céspede artificial)
12ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 15 de decembro ás 10:00 na Gándara (Ferrol)
Clasificación: 1. Infantil, 33 puntos; 2. RC Celta, 30 puntos; 3. Racing de Ferrol, 24 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 26 puntos... 13. Escola de Fútbol DSF, 9 puntos...
Categoría alevín
7ª xornada (martes 10): ALEVÍN A 1 (Lucas Albor) - VICTORIA CF 0
8ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, o sábado 14 de decembro ás 9:30 na Torre (campo 2.1)
8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 14 de decembro ás 11:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A (un partido máis), 18 puntos; 2. Victoria CF e Ural Español CF, 12 puntos; 4. CD Calasanz, 10 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 6. Fabril FC Alevín, 5 puntos...
Categoría benxamín
8ª xornada: OZA JUVENIL SD - BENXAMÍN A, o sábado 14 de decembro ás 18:30 na Torre (campo 4)
7ª xornada (martes 10): VICTORIA CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Ian Lata -2-, Pablo Campanero, Manu López e Hugo Cancela)
8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CASTROS, o sábado 14 de decembro ás 15:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 21 puntos; 2. Fabril FC Benxamín, 18 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 12 puntos... 6. Atlético Castros (2 partidos menos), 6 puntos... 10. Oza Juvenil SD (un partido menos), 1 punto