O xuvenil Nico Balbas, citado para uns adestramentos con Honduras sub-17
Nicolás Balbas Gonzales (Ferrol, 8 de maio de 2008) foi convocado pola selección de Honduras sub-17 para unha concentración de adestramentos do luns 16 ao venres 20 de decembro.
Este extremo, ferrolán de nacemento pero con orixes hondureños, pertence ao cadro do Xuvenil A de División de Honra, na que nesta temporada xogou 14 partidos, 7 deles como titular, e marcou 5 goles.
O futbolista branquiazul, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns, concentrarase na cidade de Siguatepeque, onde está situado o Centro de Adestramento de Seleccións Menores coñecido como 'Casa de la H'.
Nicolás Balbas únese así a un nutrido grupo de canteiráns que son xa internacionais nas categorías inferiores como Raúl Lema, Nikolay Dyulgerov, Pablo García ou Kevin Sánchez.