RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con goleadas hoxe do Dépor ABANCA B e Orzán SD Sub-21

Un total de 3 partidos disputáronse esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, todos eles hoxe domingo 8.

Destacou o partido do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o CD Bovedana, resolto cun contundente 6-0 a favor das branquiazuis.

Con este triunfo e coas picadas do Olímpico de León e do Sárdoma CF, as branquiazuis son líderes en solitario da Tercera Federación FutFem con 34 puntos.

Así mesmo, o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia), líder da Primera Autonómica, venceu por 5-0 ao SR Calo.

Puido xogar, e marcar 1 gol, Dunia Dahmouni, de regreso despois de participar en dous partidos amigables de Marrocos sub-20 ante Costa de Marfil.

En Segunda Autonómica víronse as caras os colíderes da competición, o SCD Pastoriza e o Orzán SD Xuvenil. O triunfo foi para as arteixanas (2-1), que deixan ás orzanistas na 2ª posición da táboa.

Descansa esta fin de semana o Orzán SD Cadete, cuxo partido correspondente a esta xornada na Liga Galega ante o Racing de Ferrol trasládase ao sábado 21 ou domingo 22 de decembro. 

Na mesma situación están o Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B con motivo da 10ª xornada da Liga Galega infantil, que se traslada ao sábado 21 ou domingo 22 de decembro; aínda que o Orzán SD Infantil B (na foto inferior) venceu ao CD As Pontes (3-4) en choque correspondente á 7ª xornada que foi aprazado no seu día.

Finalmente, o pasado mércores as orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande, Daniela Macedo, Alba Santamarina e Sofía Rodríguez disputaron un amigable en Urdilde coa selección galega sub-16 ante o Victoria FC Femenino; do mesmo xeito que Alba García coa selección galega sub-14 fronte ao Victoria FC Femenino infantil.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero -2-, Michi Apóstol e Noe Mayo) - CD BOVEDANA 0

Primeira Autonómica
13ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 5 (Daniela Macedo, Iria Otero, Dunia Dahmouni, Ivana Fernández e Sofía Rodríguez) - SR CALO 0

Segunda Autonómica
13ª xornada: SCD PASTORIZA 2 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Martina Santamarina)

Liga Galega infantil
7ª xornada: CD AS PONTES 3 - ORZÁN SD INFANTIL B 4 (Sasha -3- e Bianca Ventureira)