RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos da fin de semana en ANOSACANTEIRA, co Dépor ABANCA B en Gondomar e o Fabril en Oviedo o domingo

ANOSACANTEIRA encara unha nova fin de semana de competición coa satisfacción pola convocatoria esta semana de Elena Vázquez e Lucía Rivas para uns adestramentos da selección española sub-17, do 2 ao 4 de outubro na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O sábado o partido estrela será o do Xuvenil A en Fragoselo (Vigo) ante o Coruxo FC (12:15) na División de Honra.

O conxunto de Manuel Pablo buscará unha vitoria para ir afianzando o rumbo na División de Honra xuvenil.

Pola súa banda, en Abegondo xogan o Cadete, ao mando xa da División de Honra, ante o Salgueiriños CF (11:30); e o Infantil co CD Areosa (12:30). 

No conxunto cadete Íker Fernández, Janusz, Nico, Pablo García, Rodrigo e Yago participaron onte martes nun adestramento coa selección galega sub-16 na Estrada; e no cadro infantil Daniel, Eder, Esteban, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nikolay, Raúl e Sergio Cortizo nun adestramento da selección galega sub-14 (zona norte) hoxe mércores en Curtis.

Fóra de casa hai 3 partidos con representación deportivista: o Orzán SD Infantil B Femenino en Cee (11:00), o San Tirso SD Cadete en Ourense ante o Pabellón (18:00) e o San Tirso SD Infantil en Vigo (18:00) ante o UD Santa Mariña.

No San Tirso SD Cadete, Gael, Mauro e Samba estiveron convocados no citado adestramento da selección galega sub-16 na Estrada; e no San Tirso SD Infantil Álex Martínez, Antón Vilariño, Hugo Ferreiros e Pablo Gandarela no adestramento de hoxe en Curtis da selección galega sub-14 (zona norte).

Para o domingo queda como choque destacado a visita do Fabril (na foto da noticia) ao CD Covadonga, ás 17:00 no campo Juan Antonio Álvarez Rabanal. Os fabrilistas chegan a Oviedo aúpados polo seu triunfo do pasado domingo en Abegondo ante a Arandina CF.

En Gondomar, o Dépor ABANCA B visita ao Lóstrego CF a partir das 12:00. O filial feminino suma os seus partidos por triunfos en Tercera Federación FutFem e busca manter a boa racha.

Tamén fóra de casa o Orzán SD Xuvenil Femenino visita en Santiago ao Victoria FC B (18:00), o Orzán SD Infantil A Femenino ao Sporting Burgo en Culleredo (12:00) e o Xuvenil B ao Pabellón en Ourense (12:00) en partido este da liga Nacional.

Na Torre, o Orzan SD B sub-16 Femenino recibe ao Atlético San Pedro a partir das 16:00 no único partido en #ANOSACANTEIRA que se dispute en campo propio na xornada dominical.

Finalmente, os dous equipos alevíns e os dous benjamines, aínda en pretemporada, participan nun torneo amigable en Monforte de Lemos o sábado.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
4ª xornada: LÓSTREGO CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 1 de outubro ás 12:00 no campo da Gándara (Chaín, Gondomar)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Sárdoma CF, Olímpico de León, Lóstrego CF, Real Avilés CF e Dépor ABANCA B, 9 puntos; 6. Real Oviedo B, PM Friol e Victoria CF, 4 puntos...

Primera Autonómica, 3ª xornada: VICTORIA FC B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 1 de outubro ás 18:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 2ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - ATLÉTICO SAN PEDRO, o domingo 1 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega, subgrupo 1º, 2ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD INFANTIL A FEMININO, o domingo 1 de outubro ás 12:00 no campo da Lavandeira (Culleredo)

Liga Galega, subgrupo 1º, 2ª xornada: UC CEE - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o sábado 30 de setembro ás 11:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)

Segunda Federación
5ª xornada: CD COVADONGA - FABRIL, o domingo 1 de outubro ás 17:00 no campo Juan Antonio Álvarez Rabanal (Oviedo)
Clasificación: ... 5. RS Gimnástica de Torrelavega, 7 puntos; 6. Racing Villalbés, 6 puntos; 7. Pontevedra CF, SD Compostela, Real Avilés Industrial e Fabril, 5 puntos... 18. CD Covadonga, 1 punto

Categoría xuvenil
5ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL A, o sábado 30 de setembro ás 12:15 no campo de Fragoselo (Vigo)
Clasificación da División de Honra: ... 5. Real Racing Club, 7 puntos; 6. Club Bansander, 6 puntos; 7. ED Val Miñor Nigrán e Xuvenil A, 5 puntos... 12. Coruxo FC, 3 puntos...

4ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, o domingo 1 de outubro ás 12:00 nos Remedios, campo Miguel Ángel (Ourense)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B e Xuvenil B, 9 puntos; 3. Coruxo FC B, 7 puntos... 12. Pabellón Ourense CF, 4 puntos...

Categoría cadete
4ª xornada: CADETE - SALGUEIRIÑOS CF, o sábado 30 de setembro ás 11:30 en Abegondo (campo 5)

4ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 30 de setembro ás 18:00 nos Remedios, campo Miguel Ángel (Ourense)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, ED Xuventude de Oroso, RC Celta e CD Conxo Santiago, 9 puntos; 5. Arosa SC, 7 puntos; 6. Coruxo FC e Pabellón Ourense CF, 6 puntos... 10. Salgueiriños CF, San Tirso SD Cadete, Atlético Coruña Montañeros CF e CD Areosa, 3 puntos...

Categoría infantil
División de Honra, 3ª xornada: INFANTIL - CD AREOSA, o sábado 30 de setembro ás 12:30 en Abegondo (campo 4)

División de Honra, 3ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 30 de setembro ás 18:00 en Cotogrande (Vigo)

Categoría alevín
I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
11:00: ALEVÍN A - EDC VERÍN (campo 1)
12:30: CP CALASANCIO B - ALEVÍN A (campo 3)
15:30: ALEVÍN A - CENTED ACADEMY (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasarán á Fase Final e os outros dous a unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 17:15

I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
11:00: SD SARRIANA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
12:30: ED CALASANCIO B - FABRIL FC ALEVÍN (campo 4)
16:00: FABRIL FC ALEVÍN - ED CALASANCIO A (campo 4)
Os dous primeiros de grupo pasarán á Fase Final e os outros dous a unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 17:15

Categoría benjamín
I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
11:30: CD A PURÍSIMA - BENXAMÍN A (campo 3)
13:00: ED CALASANCIO A - BENXAMÍN A (campo 2)
16:30: BENXAMÍN A - SD SARRIANA (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasarán á Fase Final e os outros dous a unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 17:15

I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - EDC VERÍN (campo 4)
13:00: ED CALASANCIO B - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
16:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED CALASANCIO B (campo 4)
Os dous primeiros de grupo pasarán á Fase Final e os outros dous a unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 17:15