Claro triunfo deportivista no único partido disputado en ANOSACANTEIRA feminina
Esta fin de semana xogouse un único partido en ANOSACANTEIRA feminina.
O Deportivo ABANCA B defendeu con éxito o liderado da Tercera Federación este mediodía en Valladolid ante o CD Parquesol (0-9), pechacancelas da categoría.
As branquiazuis, do mesmo xeito que onte o primeiro equipo, dedicaron o encontro á súa capitá, Carmen Carballada, lesionada no peroné esquerdo esta semana.
Por conseguinte, descansaron o Orzán SD Sub-21, o Orzán SD Xuvenil, Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B.
No entanto, as canteirás Antía Veiga, Sofía Rodríguez, Martina Santamarina, Daniela Macedo e Claudia Sande competiron coa selección galega sub-16 na Primera Fase do Campionato de España por autonomías que tivo lugar en Vigo. Os rivais das galegas foron Illas Baleares e Castilla La Mancha.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira Federación 15ª xornada: CD PARQUESOL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 9 (Michi Apóstol -2-, Sara Cercido, Paula Novo -2-, Elena Vázquez, Ana Capelo, Redru e Yanís Citoula)