-Foto:@rfef.es
Claudia Sande, futbolista de categoría cadete que xa compite co Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica, está concentrada coa selección española sub-15 en Portugal con motivo dun Torneo Desarrollo UEFA.
A canteirá deportivista (na foto agachada a terceira xogadora empezando pola dereita) regresará á Coruña o xoves 21 de novembro.
No segundo partido do torneo hoxe luns no Complexo Municipal de Carla Sacramento en Amora, a dianteira orzanista foi titular no triunfo ante Bélxica (2-1). Foi relevada no minuto 50 por María Rius.
A 1ª xornada disputouse o pasado sábado 16. Alemaña foi o rival das españolas no Complexo Desportivo Municipal de Palmela.
Claudia Sande tamén participou nun choque con triunfo español (0-2) ao relevar a María Rius no minuto 75.
España pechará o Torneo Desarrollo UEFA este xoves 21 de novembro ás 12:30 ante a anfitrioa Portugal na Cidade do Futebol dá Federación Portuguesa de Fútbol en Cruz Crebada, Dafundo.
O choque será retransmitido en directo a través de RFEF.es e nas canles oficiais da Selección Española de Fútbol (@SEFutbolFem).
O calendario deste Torneo Desarrollo UEFA, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Sábado 16 de novembro
ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 2
Luns 18 de novembro
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 1
Xoves 21 de novembro
12:30: PORTUGAL - ESPAÑA, na Cidade do Futebol da Federación Portuguesa de Fútbol en Cruz Crebada, Dafundo
A dianteira orzanista participou no pasado mes de setembro nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas con este mesmo combinado nacional.