RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con cara e cruz para Xuvenil B e Fabril

O partido destacado da xornada desta semana en ANOSACANTEIRA foi o do Fabril, que recibiu en Abegondo esta tarde ao Coruxo FC.

Os fabrilistas, despois de 4 vitorias consecutivas, caeron pola mínima (0-1) co conxunto vigués e quedan con 19 puntos na zona alta da táboa.

Manuel Pablo tivo até 9 ausencias nas súas filas. Mardones, Álex Pereira, Quique Teijo e Noé están lesionados. A maiores, Kevin Sánchez, Alfaro, Samu, Pablo García e Guerrero viaxaron co primeiro equipo a Almería.

O filial contou con moitos xuvenís nas súas filas, xa que participaron Manu Ferreiro, Mario Hermo e Álvaro Fraga, debutante hoxe.

Completou a xornada o Xuvenil B, líder da Liga Nacional con 1 punto de vantaxe sobre o RC Celta B. Os branquiazuis venceron con contundencia (1-5) ao Bertamiráns FC.

A fin de semana arrincou onte sábado con pleno de vitorias.

Na Cidade Deportiva o Cadete, 2º na División de Honra, goleou ao Coruxo FC (8-0) e o Xuvenil A, líder da súa categoría, ao CD Covadonga (6-2). Ambos os partidos disputáronse no campo de herba sintética da Cidade Deportiva recentemente inaugurado.

No Monte, o San Tirso SD Infantil, na zona alta da División de Honra, dobregou (4-0) ao CD Areosa.

Fóra de casa o San Tirso SD Cadete impúxose con autoridade ao CD Conxo Santiago na Merced (0-7) mentres que o Infantil, máis líder da División de Honra após a súa vitoria a pasada fin de semana en #ONOSODERBI, venceu (3-4) a un dos rivais da zona alta, o AJ Lérez, cun gol de Thiago Caamaño no último minuto.

Finalmente en fútbol 8 a xornada dos equipos deportivistas de mañá domingo 17 foi suspendida pola folga dos traballadores de conserxería das instalacións municipais da Coruña.

Dos 4 partidos previstos, o do CD Calasanz - Fabril FC Alevín xa se programou para o martes 19 de novembro ás 19:00 en Abegondo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
12ª xornada: FABRIL 0 - CORUXO FC 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: XUVENIL A 6 (Rubén Fernández -3-, Lucas e Nico -2-) - CD COVADONGA 2

Liga Nacional, 11ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 1 - XUVENIL B 5 (Lucas, Janusz, David Mosquera, Jorge e Pablo Crespo)

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: CADETE 8 (Sabino, Borja -3-, Antón, Nico Martínez, Roi e un futbolista do rival en propia meta) - CORUXO FC 0
División de Honra, 10ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - SAN TIRSO SD CADETE 7 (Nikolay -2-, Nico Giovanni -2-, Daniel, Raúl e Gandarela)

Categoría infantil
División de Honra, 9ª xornada: AJ LÉREZ 3 - INFANTIL 4 (Hugo Caridad -3- e Thiago Caamaño)
División de Honra, 9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Hugo Macedo -2- e Mario González -2-) - CD AREOSA 0

Categoría alevín
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, suspendido
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o martes 19 de novembro ás 19:00 en Abegondo

Categoría benxamín
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, suspendido 
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC BENXAMÍN, suspendido