A xornada desta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina disputouse case na súa totalidade onte domingo 17, posto que o sábado só competiu o Orzán SD Cadete, líder da Liga Galega, en Valdoviño ante o Escuela FB Amistade (1-8).
Asi pois onte celebraranse o resto de encontros salvo do Orzán SD Infantil B ante o CD As Pontes, que pasa ao venres 6 decembro ás 12:00 en O Poboado.
Sobresaíu o partido do Dépor ABANCA B, 2º en Tercera Federación, ante o Lóstrego CF en Gondomar.
Óscar Orro non puido contar con Michi Apóstol, Elena Vázquez e Martina Rivas, citadas co primeiro equipo para o partido en ABANCA-RIAZOR fronte ao RCD Espanyol.
O choque acabou nun inxusto empate. As branquiazuis dominaron o partido, crearon numerosas ocasións de gol e encaixaron un tanto na única oportunidade das locais no minuto 89.
En Primera Autonómica, o Orzán SD Sub-21 igualou (1-1) en Iñás co Atlético San Pedro. Foi baixa Claudia Sande, concentrada coa selección española sub-15 nun Torneo Desarrollo UEFA en Portugal.
Pola súa banda, o Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica venceu (2-3) ao UD Juvenil de Almeiras en Os Loureiros nun emocionante partido que se resolveu a 3 minutos do final.
Completou a xornada dominical o Orzán SD Infantil A ante o CF Batallador SD (8-0) en Elviña Pequeno.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Tercera Federación
11ª xornada: LÓSTREGO CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Laura Otero)
Primera Autonómica
10ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 1 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Ángela Cotelo)
Segunda Autonómica
10ª xornada: UD JUVENIL DE ALMEIRAS 2 - ORZÁN SD XUVENIL 3 (Alexia Freire, Sofía Milhem e Nadia Longueira)
Liga Galega cadete
7ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE 1 - ORZÁN SD CADETE 8 (Antía Losada -2-, Ángela Cotelo -3-, Marta Moreno -2- e Carmen Couto)
Liga Galega infantil
7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 8 (Inés Neira, Telma García -2-, Lara Vázquez -2-, Rosalía Valencia -2- e Helen Vega) - CF BATALLADOR SD 0
7ª xornada: CD AS PONTES - ORZÁN SD INFANTIL B, o venres 6 de decembro ás 12:00 en O Poboado (As Pontes)