RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

España sub-17 na que milita Elena Vázquez manda no seu grupo de clasificación ao Europeo após a súa vitoria á República Checa

Elena Vázquez Brandón, xogadora do Deportivo ABANCA B que está en dinámica do primeiro equipo, está concentrada coa selección española sub-17 na Rolda 1 de Clasificación do Campionato de Europa de Portugal.

No segundo partido do grupo disputado onte sábado, a xogadora branquiazul seguiu o xogo desde o banco e non chegou a saltar ao campo nun triunfo (4-1) ante a República Checa que encarrila o pase á seguinte rolda para o equipo nacional.

Elena Vazquez si foi titular na clara vitoria (8-1) ante Bosnia Herzegovina na primeira xornada. A defensa carballesa disputou os primeiros 45 minutos, que acabaron con 4-0 no marcador e co partido sentenciado.

Esta Rolda 1 de Clasificación conclúe para Elena Vázquez e as súas compañeiras o martes 31 de outubro e ás 11:00 (hora en Galicia) co encontro fronte á anfitrioa Portugal, que como as hispanas tamén ten 6 puntos.

O calendario de España sub-17, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 25 de outubro
ESPAÑA 8 - BOSNIA HERZEGOVINA 1

Sábado 28 de outubro
ESPAÑA 4 - REPÚBLICA CHECA 1

Martes 31 de outubro
11:00 (horal local, 12:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na pista de atletismo Gemeos Castro (Guimaraes)

Elena xa participara esta temporada nas dúas concentracións previas deste combinado nacional, unha delas acompañada pola tamén deportivista Lucía Rivas.

Con 16 anos recentemente cumpridos, xa foi titular esta temporada dous partidos coas Nosas en Primera Federación Iberdrola e alcanzou o subcampeonato continental coa selección española sub-17 o pasado mes de maio en Estonia. 

A defensa coruñesa renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA neste último verán.