RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Espertador ás 5:00, viaxe de regreso de Cádiz e adestramento baixo a choiva nun atarefado domingo para Os Nosos

Nada máis baixar do avión de regreso de Cádiz, e en plena tormenta eléctrica e de choiva, o Dépor dirixiuse a Abegondo para realizar unha nova sesión de adestramento.

A pesar de que o espertador no hotel de Sevilla soou ás 5:00 desta pasada madrugada, Óscar Gilsanz quixo que os seus futbolistas se exercitasen na Cidade Deportiva divididos en 3 grupos.

Os titulares onte no Nuevo Mirandilla tiveron tarefas de recuperación supervisada polos readaptadores Alejandro Canosa e Nando Rodríguez.

En zona mixta, Yeremay quixo onte resaltar "o traballo de Nando e de Canosa, e dos fisios; que é espectacular. Moitas veces non se ven pero fan un traballo espectacular. Axúdannos en todo". De feito, o atacante canario indica que en dúas semanas que estivo á marxe "rebentáronme".

Para os demais integrantes do cadro, aos que hai que sumar ao fabrilista Alfaro, houbo unha activación con rondos, un exercicio de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Están con traballo personalizado Dani Barcia e Bouldini; mentres que Jose Ángel entrou na recta final da súa recuperación ao completar todas as tarefas.

Mañá luns hai xornada de descanso. Os Nosos retoman os adestramentos o martes 3 de decembro ás 11:00 para preparar o partido correspondente á 2ª eliminatoria da Copa del Rey do mércores 4 de decembro ás 20:00 horas no Couto ante o Ourense CF.