Lucas Pérez confesou na zona mixta do Estadio Nuevo Mirandilla estar "moi feliz, moi contento. Aínda que non fixese os goles voume co agarimo de Cádiz. Éncheme moito de orgullo vir aquí e que toda a xente tratoume como me tratou. Estou eternamente agradecido a Cádiz".
O capitán deportivista cualifica o partido de "emotivo porque tes tanto agarimo á xente que traballa no Cádiz CF, ao Presidente que é moi amigo meu, aos compañeiros e por suposto á afección. Cando marco o primeiro gol e a xente corea o meu nome iso é para min o fútbol, o que me enche persoalmente. Teño 36 anos e poder vivir iso na miña carreira é moi bonito. E logo cando chega o segundo e o terceiro a nivel persoal sinto un pouco doído porque non quero facer dano. E máis nestas situacións que vivimos no Deportivo cando as cousas non saen".
O dianteiro coruñés admite que "non saíu redondo o partido a nivel de grupo e a nivel persoal porque a primeira parte estivemos mal. Non estivemos como deberiamos de estar. Na segunda si é o Deportivo que todos queremos ver".
Cre que "esta vitoria nos vai a reforzar para tentar deixar os postos de descenso o máis afastados posible para entrar unha situación na táboa onde podamos xogar máis soltos, onde non teñamos que xogar pensando en que situación estamos. Iso inflúe moito no xogador".
Por conseguinte engade que esta vitoria "vai ser moi importante para encadear unha consecutiva cando xoguemos contra o Zaragoza, aínda que primeiro temos que pasar en Copa".
Pola súa banda, Yeremay Hernández viu "un partido moi completo. Na primeira parte non estivemos cómodos de todo a pesar de que tivemos 2 ou 3 ocasións. Na segunda parte atopámonos moito mellor, xogamos ao fútbol que cos futbolistas que temos no cadro é para xogar. Temos esa capacidade de saír á contra. Xuntamos pases, defendemos ben. Viuse o Dépor que queremos todos na segunda parte".
Sobre Lucas, o atacante canario sostén que "estaba claro que ía meter goles. Vén quizais duns partidos que non metía pero ninguén ten dúbida, polo menos no vestiario, de que é un xogador moi importante. É o capitán, é o mellor e estou moi contento con el. A min non me sorprende porque o vexo adestrar todos os días e merecíase meter os 3 goles".
Finalmente apunta que "nos imos contentos porque é moi jo... que co 1-2 lévasche unha ostia e métenche o 2-2. Se non estás focalizado, mentalizado en gañar afúndesche. O equipo deu un paso adiante porque métenche o 2-2 e seguimos pelexando. Expulsan a un e 'veña imos para arriba'. E metes outro máis. O equipo fixo un partido moi completo a pesar da primeira parte e ímonos contentos porque fixemos un partido todos, os que xogamos de inicio e os que saíron na segunda parte, espectacular".