Freada do San Tirso SD Infantil en Salceda de Caselas
O Escola Fútbol DSF freou (1-0) en Salceda de Caselas a remontada do San Tirso SD Infantil na División de Honra.
Os pontevedreses mostráronse moi sólidos e deixaron a cero aos 'verdes' neste encontro correspondente á 14ª xornada.
Con este resultado, o San Tirso SD Infantil queda con 19 puntos na 9ª posición da táboa.
San Tirso SD Infantil: Roque, Sergio Infante, Mateo Varela, Antón Vilariño, Manu Alcázar, Hugo Ferreiros, Hugo Fernández, Gandarela, Álex Martínez, Pablo Barral e Cabaleiro. Tamén xogaron: Brais Taín, Íker Obeso, Thiago Montes, Mario González e Javi Barros.
A próxima fin de semana toca recibir no Monte ao Ural Español CF, aínda que antes, mañá martes 16, Antón Vilariño e Hugo Ferreiros están citados pola selección galega sub-14 para un adestramento no Novo Municipal da Estrada.
Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:
CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela) San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3 UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-) San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Yael) - CD Lugo 4 Deportivo 5 - San Tirso SD Infantil 0 San Tirso SD Infantil 3 (Hugo Ferreiro, Álex Martínez e Lucas) - CD Areosa 2 Victoria CF 4 - San Tirso SD Infantil 1 (un futbolista rival en propia meta) San Tirso SD Infantil 6 (Hugo Ferreiros -2-, Manu Alcázar, Mateo Varela, Gandarela e Hugo Caridad) - EF Portero 2000 3 San Tirso SD Infantil 0 - ED Val Miñor Nigrán 2 Pabellón Ourense CF 2 - San Tirso SD Infantil 2 (Mario González e Antón Vilariño) San Tirso SD Infantil 2 (Gandarela e Pablo Barral) - AJ Lérez 1 Arosa SC 0 - San Tirso SD Infantil 1 (Pablo Barral) San Tirso SD Infantil 4 (Pablo Barral -2-, Gandarela e Javi Barral) - Bertamiráns FC 0 Escola Fútbol DSF 1 - San Tirso SD Infantil 0