RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras, na súa despedida: "Voume a quedar co privilexio de ser parte desta historia do Club"

Irene Ferreras despediuse esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo. Primeiro, a adestradora madrileña reuniuse no vestiario coas xogadoras branquiazuis. Acto seguido, visiblemente emocionada, compareceu ante os medios de comunicación arroupada polo responsable do Dépor ABANCA, Kevin Cabado; o seu segundo, Enrique Machado; e o cadro de As Nosas ao completo.

"Fun moi feliz aquí e evidentemente gustaríame continuar coa historia, pero acepto o que pasou", apuntou.

De feito, insiste en que o RC Deportivo "é unha entidade importantísima. Voume a quedar co privilexio de ser parte desta historia do Club".

Nesta liña, subliña que o Club é "unha familia, isto é un sentimento de pertenza. É unha enerxía especial e eu voume a ir de aquí agradecida con todo o mundo".

Confesou sentirse "tranquila porque sinto en paz, porque fixemos todo o que estaba na nosa man. Equivocámonos 1.000 veces, seguro. Tentei aprender de todo o que vivimos. Fixemos cousas moi importantes e acepto a decisión que toma o Club. Agradézolle que me dea a posibilidade tamén de despedirme dunha maneira formal e cálida, que é o que fun eu desde que cheguei aquí".

Cre que "deixamos algo bonito, unha pegada bonita, un proxecto interesante. Seguro que se poden sacar cousas boas de cara ao futuro, coa convicción de que este equipo ten que terminar en Primera División, que é o que merece".

Finalmente, Irene Ferreras afirma que "descubrín un vestiario mentalmente moi forte, con xente que chegou este ano con moi bos valores e teñen capacidade para conseguir o obxectivo".