RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Temos que tratar de crecer en todas as cousas que non fixemos ben o outro día"

Irene Ferreras insistiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo en pór "o foco no partido" de mañá sábado 23 de novembro ás 12:00 (Dazn) no Estadio Jesús Navas ante o Sevilla FC. "Tamén as mensaxes teñen que ir cara ao partido. Todo o que salga dese guión hoxe non ten cabida", insistiu.

Ademais, apunta que "temos que tratar de crecer en todas as cousas que non fixemos ben o outro día, que creo que é un partido ademais que nos axuda a pór o foco en cousas do xogo que nos van a axudar mañá a gañar e estamos enfocadas niso".

Desvela que ten "moita ilusión no partido" e asegura que "aquí o importante é o equipo por encima de cada un de nós e creo que é a mellor situación para dar exemplo. O importante é o equipo, o importante é o que temos agora nas nosas mans".

A preparadora branquiazul cre que o Dépor ABANCA chega a esta nova cita de Liga F con "moi boas sesións de adestramento que nos van a axudar a competir ben e mañá a saír con toda a confianza do mundo de que o podemos facer".

Reitera unha e outra vez que "a palabra equipo está por diante de todo. Todas as actitudes que temos dentro deste vestiario, eu a primeira, van encamiñadas a que o equipo gañe, a que o equipo gañe mañá e sígao facendo, sígao tentando o resto de xornadas".

Finalmente Irene Ferreras afirma que "o equipo está a dar imaxes moi boas repetidamente nas últimas xornadas e é algo ao que hai que agarrarse. Eu son unha tía de proceso porque se non crese iso ao final estaría sempre no arame de se me sae cara ou me sae cruz. Cando me sae cruz trato de pensar que temos cousas que mellorar, pero en que cousas estamos polo bo camiño e é un pouco a liña a seguir".