RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA, "animado e con ganas de facer un bo partido", céntrase en buscar os 3 puntos no Estadio Jesús Navas de Sevilla

O Dépor ABANCA céntrase en buscar a vitoria mañá sábado ás 12:00 no Estadio Jesús Navas ante o Sevilla FC en partido correspondente á 11ª xornada en Liga F.

"O equipo traballou moi ben", asegurou en rolda de prensa Irene Ferreras, quen insiste en que ve ao Dépor ABANCA "animado e con ganas de facer un bo partido".

A derrota do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Espanyol deixou ás Nosas en 15ª posición con 6 puntos.

Despois do último adestramento desta mañá ás 9:30 en Abegondo, o equipo partiu sen Yohaha, lesionada; e coa presenza da canteirá Martina Rivas.

Pola súa banda, o Sevilla FC, que a pasada fin de semana caeu (1-2) co Atlético de Madrid, é 10º con 10 puntos.

Irene Ferreras subliña que "temos un rival moi difícil diante como todos os que imos tendo durante a temporada. Un Sevilla FC que ten moitos argumentos desde a recuperación de balón e desde sobre todo o balón parado, con xogadoras con moito talento".

No seu campo esta temporada as andaluzas, coas ex deportivistas Esther Sullastres e Iris Arnaiz, venceron á Real Sociedad (3-2) e ao RCD Espanyol (1-0); e caeron co FC Barcelona (0-1), Levante Las Planas FC (0-1) e o citado ante o Atlético de Madrid (1-2).

O Dépor ABANCA partiu de viaxe hoxe venres segundo esta folla de ruta:

Venres 22 de novembro
13:00: Saída do voo con destino ao Aeroporto de Sevilla
14:20 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Sevilla e aloxamento no Hotel NH Collection Sevilla

Sábado 23 de novembro
12:00: Sevilla FC - Deportivo ABANCA, no Estadio Jesús Navas
17:40: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino ao Aeroporto Barajas - Adolfo Suárez
19:50: Saída do voo do Aeroporto Barajas - Adolfo Suárez
21:05: Chegada a Galicia

Finalizado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o domingo 24 de novembro ás 11:00 en Abegondo.