Kevin Sánchez, citado pola selección española sub-19 para un dobre amigable ante Israel neste mes de outubro
Kevin Sánchez foi convocado pola selección española sub-19 para un dobre partido ante Israel na localidade alacantina de Alfaz do Pi neste mes de outubro.
O canteirán deportivista, en idade xuvenil pero en dinámica do Fabril de Segunda Federación, concentrarase co combinado nacional o vindeiro luns 9.
O calendario de partidos, os dous no Albir Garden Resort, é o seguinte:
Xoves 12 de outubro 16:00: ESPAÑA - Israel
Domingo 15 de outubro 11:00: ESPAÑA - ISRAEL
Por este motivo, Kevin Sánchez, que a pasada fin de semana marcou un dos tantos do Fabril na súa visita ao CD Covagonda, será baixa para a visita do filial ao Ourense CF prevista para o sábado 14 de outubro en Oira (Ourense).
O pasado mes de setembro, tanto Kevin como David Mella participaron nuns adestramentos con este mesmo combinado nacional tamén en Alfaz do Pi. No caso do segundo, acaba de superar unha lesión e adéstrase e xoga cunha máscara protectora.
Ambos os futbolistas prorrogaron este verán a súa vinculación co Deportivo nunha aposta firme do Club por #ANOSACANTEIRA: Kevin até 2028 e David Mella até 2026.