RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas disputará a Inglaterra a final do Europeo após golear con España a Francia en semifinais

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto na fila de arriba a segunda futbolista empezando pola esquerda) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

Hoxe mércores 15 de maio agardaba Francia nas semifinais no Klostergårdens IP de Lund.

As francesas, vixentes campioas, metéronse como segundas do grupo A após caer ante Inglaterra (0-1); e derrotar a Noruega (0-8) e Suecia (2-3).

Hoxe España foi moi superior, goleou (6-1) a Francia cos 6 goles nos primeiros 31 minutos e meteuse pola porta grande na final do Campionato de Europa, que leva ademais unha praza para o Campionato do Mundo.

A canteirá branquiazul arrincou o choque no banco e saltou ao campo no minuto 60 en substitución de Lúa Arufe.

A próxima cita para España será a gran final do Campionato de Europa, este sábado 18 de maio ás 17:00 con Inglaterra como rival.

Lucía Rivas concluíu o pasado domingo 19 ante Bélxica a Primeira Fase do torneo.

A futbolista do Dépor ABANCA foi titular noutra goleada española (0-5) e dispuxo dalgunha boa ocasión para marcar, como un remate que se lle marchou alto desde a frontal da área pequena. Foi substituída no minuto 72 por Lúa Arufe.

Con este resultado, España sumou 3 triunfos nos 3 partidos que van de competición, co do luns 6 de maio ante Portugal (3-0) e o do pasado xoves 9 ante Polonia (1-0).

Lucía Rivas tamén tivo minutos de xogo no encontro ante as portuguesas, ao substituír a Ainoa Gómez no 82.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
ESPAÑA 1 - POLONIA 0

Domingo 12 de maio
BÉLXICA 0 - ESPAÑA 5

Semifinais
Mércores 15 de maio
ESPAÑA 6 - FRANCIA 1

Final
Sábado 18 de maio
17:00: ESPAÑA - INGLATERRA

Lucia Rivas é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.