RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Martin, Dinis, Stopira, David e Denis, coas súas respectivas Seleccións Nacionais

Cinco futbolistas das categorías inferiores incorpóranse mañana luns 7 de febreiro ás súas respectivas Seleccións.

No Fabril, Martin disputará coa Selección Absoluta de Liechtenstein un partido amigable ante San Mariño este mércores 9 de febreiro. Martin suma ata a data 30 partidos na Selección do seu país. Ese mesmo 9 de febreiro, Stopira xogará en Lisboa un amigable coa súa Selección, Cabo Verde, ante Burkina Faso; e tamén en Portugal, pero esta vez na localidade de Cartaxo, a Selección lusa Sub-21, con Dinís, mídese a Suecia nun choque de preparación.
 
 Por outra banda, os xuvenís David e Denis foron convocados polo Seleccionador Nacional Sub-17 para uns adestramentos na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), do luns 7 ao mércores 9 de febreiro.
 
 David é o porteiro titular do Xuvenil A de División de Honra e acaba de regresar precisamente dunha concentración da Selección. Denis regresa á Sub-17 tras ser citado o pasado mes de outubro, tamén en compañía de David. A campaña pasada, este dianteiro dos máis goleadores das categorías inferiores xa estivo citado pola Sub-16. Denis milita no Xuvenil B da liga Nacional, do que é o máximo goleador, con 11 dianas.
 
 Segunda División B
 FABRIL 1 (Dioni) - RAIO VALLECANO B 0
 
 Categoría xuvenil
 División de Honra: XUVENIL A 1 (Lemos) - RACING DE FERROL 1
 Liga Nacional: XUVENIL B 0 - PAVILLÓN 1
 
 Categoría cadete
 División de Honra: LUGO 1 - CADETE A 2 (Bicho e Dani Igrexas)
 Liga Galega: RESIDENCIA 3 - CADETE B 3 (Miguel, Sergio Capelán e Pancho)
 
 Categoría infantil
 Liga Galega: INFANTIL A 2 (Alberto e Marcote) - GALICIA CARANZA 0
 Liga Local: INFANTIL B 2 (Javi, Adrián) - URAL B 2
 
 Categoría alevín

 Liga Comarcal de fútbol sete: ALEVIN A 4 (Iago, Alan e Javier (2)) - ESCOLA LUÍS CALVO 4
 Trofeo Luís Calvo Sanz de fútbol once, terceira xornada: ALEVÍN 1 (Manu Mosquera) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0
 Liga Local de fútbol sete: VITORIA C 0 - ALEVIN B 3 (Armas, Roi e un en propia meta dun rival)