RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A non afrouxa o ritmo e, a pesar de ser campión, vence ao Ural Español CF

O Alevín A, xa campión da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, non afrouxa o ritmo e derrotou (5-2) ao Ural Español CF en partido correspondente á 5ª xornada, penúltima desta Fase polo Título.

Thiago Montes -3-, Javi Barral e Antón Vilariño foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o equipo de Alberto Suárez suma 18 puntos de 18 posibles á fronte da táboa.

Alevín A: Alejandro País, Antón Vilariño, David Ramos, Hugo Caridad, Manu Alcázar, Javi Barral, Mario González e Thiago Montes. Tamén xogaron: Daniel Alonso, Iker Obeso, Sergio Infante, Leo Sánchez, Nico Torres e Yael López.

O vindeiro sábado, o Alevín A concluirá esta Fase polo Título en Iñás ante o Atlético San Pedro antes de encarar a Fase Intermedia do Campionato Galego en Xove (Lugo).

Os resultados do Alevín A até a data son os seguintes:

Alevín A 3 (Javi Barral, Nico Torres e Thiago Montes) - Fabril FC Alevín 1
Ural Español CF 2 - Alevín A 3 (Nico Torres -2- e Iker Obeso)
Alevín A 5 (Nico Torres -3- e Javi Barral -2-) - Atlético San Pedro 1
Fabril FC Alevín 1 - Alevín A 3 (Nico Torres, Javi Barral e Thiago Montes)
Alevín A 5 (Thiago Montes -3-, Javi Barral e Antón Vilariño) - Ural Español CF 2