RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Terceiro e último partido para Elena Vázquez mañá martes na Primera Fase do Mundial sub-17

Elena Vázquez representa ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que se celebra na República Dominicana.

A canteirá conclúe mañá martes 22 de outubro a Primera Fase co partido ante Colombia ás 22:00 (hora galega) no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo para confirmar o seu billete para a Fase Final. O choque será retransmitido en directo por Teledeporte e RTVE Play.

A segunda cita no torneo para España foi o pasado sábado ante a República de Corea.

Venceron as españolas con claridade (5-0) nun partido no que se produciu o debut de Elena Vázquez posto que no minuto 72 substituíu a Amaya García.

No primeiro encontro, a selección española impúxose (3-1) a Estados Unidos nun bo partido do combinado nacional. Nesta ocasión a futbolista do Dépor ABANCA seguiu o xogo desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario de partidos da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 16 de outubro
ESPAÑA 3 - ESTADOS UNIDOS 1

Sábado 19 de outubro
ESPAÑA 5 - REPÚBLICA DE COREA 0

Martes 22 de outubro
22:00 (hora galega): COLOMBIA - ESPAÑA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.

As Nosas consolídanse como un viveiro para as categorías inferiores da selección española posto que, ademais de Elena Vázquez e Lucía Rivas, Ainhoa Marín e Olaya están citadas pola selección española sub-23; Olaya e Marina Artero acaban de regresar do Mundial sub-20; a propia Marina é campioa de Europa sub-19; Antía Veiga estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16; e Claudia Sande participou noutra concentración coa sub-15. Finalmente Dunia Dahmouni acaba de recibir a chamada da selección marroquí sub-20.