RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con pleno de vitorias hoxe domingo

Hoxe domingo 20 de outubro houbo 3 partidos en ANOSACANTEIRA con representación deportivista, saldados todos eles con vitorias branquiazuis.
 
O Fabril goleou (4-0) en Abegondo ao UM Escobedo da localidade cántabra de Camargo.

Os fabrilistas, que arrincaron o choque con 3 xuvenís no once, ascenden con este resultado á 10ª posición da táboa.

No campo de herba sintética da Cidade Deportiva o Xuvenil A, á fronte da División de Honra, superou (4-0) ao Real Avilés Industrial; e o San Tirso SD Infantil ao Victoria CF (3-0) cun hat trick de Carlos Crespo.

Cos alevíns e benxamíns na última semana de amigables de pretemporada, outros 4 partidos xogáronse onte sábado en ANOSACANTEIRA.

O único que competiu en casa, concretamente en Abegondo, foi o Infantil, que derrotou (4-1) ao Racing de Ferrol, outro dos equipos de cabeza da táboa na División de Honra.

Os infantís deportivistas Julen López, Adrián Fernández, Antón Vilariño, Hugo Ferreiros e Tiago Caamaño; ademais de Hugo Macedo e Iván Gil do San Tirso SD Infantil participaron o pasado mércores nun amigable da selección galega sub-14 ante o CD Lugo cadete.

Na Grela 1 venceron ao Ural Español CF o Xuvenil B (1-2) e o Cadete (0-4).

Tamén fóra, o San Tirso SD Cadete caeu derrotado pola mínima (1-0) co Pabellón Ourense CF en Os Remedios.

Os cadetes deportivistas Antón Roura, Gael Irimia, Mauro Valeiro, Ramón Blanco e Samba Wade; ademais de Eder Vilas, Nico Akgoz e Roi Castro disputaron o mércores coa selección galega sub-16 en Cospeito (Lugo) un amigable ante o CD Lugo de Liga Nacional xuvenil.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
8ª xornada: FABRIL 4 (Alfaro, Guerrero, Fabi e Dylan) - UM ESCOBEDO 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: XUVENIL A 2 (Balbas e Álvaro) - REAL AVILÉS INDUSTRIAL 0

Liga Nacional, 7ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - XUVENIL B 2 (David Mosquera e Miguel de Labra)

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - CADETE 4 (Borja, Nico, Roi e Elías)
División de Honra, 7ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 6ª xornada: INFANTIL 4 (Adrián, Antón Vilariño, Jaime e Hugo Caridad) - RACING DE FERROL 1
División de Honra, 6ª xornada: VICTORIA CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Carlos Crespo -3-)

Categoría alevín
CD CALASANZ 3 - ALEVÍN A 3 (Nico Rodríguez-Ponce, Mateo Cortizas e Thiago López)

Torneo 'Tres nun' en Ou Redondo (Montrove) 
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o e Enzo Fernández) - ATLÉTICO PERILLO 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o e Enzo Fernández) - VICTORIA CF 0

Categoría benxamín
BETANZOS CF (alevín) 3 - BENXAMÍN A 6 (Nico Castro, David Santiago, Leo Barro, Martín Coronel, Martín Martelo e Leo Galván)
BETANZOS CF A 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Tomás Sánchez -2-, Xosé Varela, Hugo Cancela e Ian Lata)