RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con goleada e liderado para o Dépor ABANCA B, e calendario de mañá domingo

O partido estrela da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina xogouse hoxe sábado 19 de outubro.

O Deportivo ABANCA B, 2º na táboa en Tercera Federación, visitaba ao 1º, o Olímpico de León.

As branquiazuis exhibiron o seu talento (0-4) con dobrete de Michi Apóstol, o segundo de espectacular falta directa; e xa lideran a táboa con 19 puntos por 18 das leonesas.

No filial, a dianteira Dunia Dahmouni foi convocada pola selección marroquí sub-20 para uns adestramentos que arrincarán a partir do luns 21 de outubro.

Tamén hoxe sábado o Orzán SD Cadete (na foto inferior) superou na Torre ao Santa Cruz CF (6-0) en partido correspondente á Liga Galega.

Mañá domingo xógase o resto da xornada.

Na Primera Autonómica, o Orzán SD Sub-21 mídese en Vigo ao Sárdoma CF B (16:00 horas).

En categoría infantil, o Orzán SD A visita ao Torre SD (10:15 no Municipal de Eirís) e o Orzán SD B ao Santa Cruz CF (10:00 en Os Regos, Oleiros).

Pecha a xornada o Orzán SD Xuvenil na Segunda Autonómica co seu partido ás 20:00 horas na Grela 1 ante o Silva SD.

Finalmente, as orzanistas Amaia Sanjurjo, Daniela Arrojo, Elba Agrafojo, Lara Vázquez, Leire Vicente, María López-Perales, Telma García e Valentina Fernández adestráronse o pasado mércores coa selección galega sub-14 no campo da Lavandeira no Burgo.

Así mesmo, Ángela Cotelo, Antía Veiga, Carmen Couto, Claudia Sande, Daniela Macedo, Lola Freire, Marta Moreno, Martina Vázquez, Martina Santamarina, Sofía Rodríguez e Valentina Millón estiveron coa selección galega sub-16 no citado campo da Lavandeira do Burgo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
7ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Otero e Laura Santos)

Primera Autonómica
6ª xornada: SÁRDOMA CF B - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 20 de outubro ás 16:00 nas Relfas (Vigo)

Segunda Autonómica
6ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD XUVENIL, mañá domingo 20 de outubro ás 20:00 na Grela 1

Liga Galega cadete
4ª xornada: ORZÁN SD CADETE 6 (Marta Moreno -2-, Lola Freire -2-, Martina Santamarina e Carla Álvarez) - SANTA CRUZ CF 0

Liga Galega infantil
4ª xornada: TORRE SD - ORZÁN SD INFANTIL A, mañá domingo 20 de outubro ás 10:15 no Municipal de Eirís
4ª xornada: SANTA CRUZ CF - ORZÁN SD INFANTIL B, mañá domingo 20 de outubro ás 10:00 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)