RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ALEVÍN A

O Alevín arrincou con triunfo ante o Atlético Coruña Montañeros CF o Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

O Alevín arrincou con triunfo (5-0) ante o Atlético Coruña Montañeros CF a súa participación no grupo norte do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11.

O formato de competición é de liga a unha soa volta, e o campión disputará a final do trofeo a un partido contra o campión do grupo sur.

Os rivais do conxunto deportivista son, ademais do 'Monta', o UC Cee, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Ural Español CF, CD Lugo, CD Calasanz, Galicia Caranza, SD Residencia, ED Luis Calvo Sanz e Victoria CF.

Martín López -2-, Álvaro Gómez -2- e Nacho Villanueva foron os goleadores branquiazuis nesta primeira xornada.

Alevín: Felipe Varela, Yoel Puñal, Hugo Macedo, Enzo Bértoa, Jorge Fernández, Martín López, Sergio Fernández, Brais Martínez, Nacho Villanueva, Iván Gil e Álvaro Gómez. Tamén xogaron: Iago Miranda, David Gómez, Rui Caamaño e Hugo Luaces.

A próxima fin de semana, o Alevín visita ao UC Cee.