RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A avanza a cuartos de final do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A impúxose (0-12) en oitavos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera ao Atlético Castros no seu debut nesta competición, cuxa final se xoga en ABANCA-RIAZOR.

Alejandro Astray -4-, Mateo Carballeira -3-, Javi Meiriño, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Bruno Abelenda e Miguel Candal foron os goleadores deportivistas neste choque de clara cor deportivista.

Benxamín A: Brais Araújo, Javi Meiriño, Hugo Quintela, Pablo Sánchez, Xiao Fontao, Alejandro Astray, Miguel Candal e Mateo Carballeira. Tamén xogaron: Bruno Abelenda, Thiago Montes e Hugo Bujía.

O próximo 26 de xuño o Benxamín A xogará os cuartos de final, tamén a partido único; aínda que antes, a fin de semana, o equipo branquiazul disputará no complexo da Senra a III edición da Copa Ribadumia - Clae Viajes.