O Benxamín A frea a súa traxectoria cun empate ante un competitivo Fabril FC Benxamín
O Benxamín A freou a súa traxectoria na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 cun empate (1-1) ante un competitivo Fabril FC Benxamín.
Mateo Songo'o foi o autor do único tanto branquiazul neste encontro correspondente á 7ª xornada.
A pesar deste empate, o conxunto de Jacobo Saco segue á fronte da clasificación con 19 puntos.
Benxamín A: Antar Teijeiro, Breogán Díaz, Andrés Valencia, Mateo Cardelle, Alberto Novo, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Antón Fernández. Tamén xogaron: Samuel Rodríguez, Álex Casado, Yago Prieto e Diego Castelo.
Debido á participación do Benxamín A na Tres Cantos Cup esta fin de semana, o partido ante o Victoria CF desta próxima xornada xogarase o mércores 8 de maio ás 19:00 en Abegondo.
Os resultados do Benxamín A até a data nesta segunda parte da temporada son os seguintes:
UD Carral 0 - Benxamín A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo) Benxamín A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - Fabril FC Benxamín 1 Benxamín A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - Victoria CF 2 ED Luis Calvo Sanz 1 - Benxamín 9 (Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo) Benxamín A 6 (Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o, Antón Fernández, Leo Lorenzo e Mateo Cardelle) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 Benxamín A 13 (Adrián Liñares -3-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -2-, Álex Casado -2-, Mateo Songo'o e Antón Fernández) - UD Carral 1 Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 1 (Mateo Songo'o)