RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
BENXAMÍN A

O Benxamín A impón o seu maior talento ofensivo ante o UD Carral

O Benxamín A impuxo ante o UD Carral (13-1) o seu maior talento ofensivo en choque correspondente á 6ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Adrián Liñares -3-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -2-, Álex Casado -2-, Mateo Songo'o e Antón Fernández foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o conxunto de Jacobo Saco lidera o grupo con 18 puntos por 15 do Victoria CF, 2º.

Benxamín A: Samuel Rodríguez, Breogán Díaz, Mateo Cardelle, Antón Fernández, Adrián Liñares, Leo Lorenzo, Álex Casado e Alberto Novo. Tamén xogaron: Antar Teijeiro, Diego Castelo, Mateo Songo'o, Andrés Valencia e Yago Prieto.

Mañá martes 30 de abril, o Benxamín A mídese en Abegondo a partir das 19:30 ao Fabril FC Benxamín nunha nova xornada ligueira.

Os resultados do Benxamín A ata a data nesta segunda parte da tempada son os seguintes:

UD Carral 0 - Benxamín A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo)
Benxamín A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - Fabril FC Benxamín 1
Benxamín A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - Victoria CF 2
ED Luis Calvo Sanz 1 - Benxamín 9 (Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo)
Benxamín A 6 (Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o, Antón Fernández, Leo Lorenzo e Mateo Cardelle) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Benxamín A 13 (Adrián Liñares -3-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -2-, Álex Casado -2-, Mateo Songo'o e Antón Fernández) - UD Carral 1