RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete abre este venres en Abegondo ante o Salgueiriños CF o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA

O partido do Cadete en Abegondo ante o Salgueiriños CF, previsto para este venres 27 ás 19:00 en Abegondo e correspondente á 4ª xornada na División de Honra, abre o calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA.

Despois de tres partidos, os branquiazuis suman 9 puntos igualados na primeira posición da táboa co outro gran aspirante ao título, o RC Celta.

O sábado 28 xogan no Monte o San Tirso SD Cadete ante o Coruxo FC (12:15) e o San Tirso SD Infantil ante o Escola Fútbol DSF (16:30).

Fóra de casa, o Infantil visitará no seu terceiro partido na División de Honra ao CD Areosa (11:30) na Xunqueira (Comesaña, Vigo).

Hoxe mércores no campo de Romai en Portas (Pontevedra), os cadetes deportivistas Antón Roura, Gael Irimia, Mauro Valeiro, Ramón Blanco e Samba Wade; ademais de Eder Vilas, Raúl Lema e Roi Castro, do San Tirso SD Cadete participan nun adestramento coa selección galega sub-16.

No mesmo escenario, o campo de Romai en Portas (Pontevedra) e tamén hoxe mércores, os infantís branquiazuis Julen López, Adrián Fernández, Antón Vilariño, Hugo Caridad, Hugo Ferreiros e Tiago Caamaño; ademais de Enzo Pose, Hugo Macedo Iván Gil e Yoel Puñal, do San Tirso SD Infantil estarán nun adestramento da selección galega sub-14.

A xornada do sábado complétana os dous equipos benjamines na XII edición do Memorial Manolo Carreira en Velle (Ourense).

Para o domingo 29 queda o prato forte da xornada. O Fabril, que a pasada fin de semana deu a cara en Pasarón ante un dos favoritos ao ascenso, o Pontevedra CF, visitará ás 17:00 ao outro gran aspirante, o CD Numancia de Soria.

Tamén xoga lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil A, líder da División de Honra. Os pupilos de Manuel Pablo enfróntanse en Santander ao Bansander.

A xornada dominical a completa o Xuvenil B ante o AJ Lérez en Abegondo ás 12:00 en partido da Liga Nacional; e a participación dos dous equipos alevíns no Memorial Manolo Carreira na localidade ourensá de Velle.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
5ª xornada: CD NUMANCIA - FABRIL, o domingo 29 de setembro ás 17:00 nos Pajaritos
Clasificación: 1. CD Numancia de Soria, 10 puntos... 4. Marino de Luanco, Real Ávila CF, Pontevedra CF e Real Avilés Industrial CF, 7 puntos; 8. Fabril e Coruxo FC, 6 puntos...

Categoría xuvenil
5ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 29 de setembro ás 12:30 no campo San Juan de Monte (Santander)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, RC Celta e Sporting de Gijón, 10 puntos; 4. Real Oviedo, 8 puntos... 9. Bansander, 6 puntos...

4ª xornada: XUVENIL B - AJ LÉREZ, o domingo 29 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B e Racing de Ferrol, 9 puntos; 3. Coruxo FC, 7 puntos; 4. Xuvenil B, Pabellón Ourense CF, Ural Español CF, AJ Lérez, Victoria CF e Alondras CF, 6 puntos...

Categoría cadete
4ª xornada: CADETE - SALGUEIRIÑOS CF, o venres 27 de setembro ás 19:00 en Abegondo
4ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CORUXO FC, o sábado 28 de setembro ás 12:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 9 puntos; 3. Arosa SC e SD Compostela, 7 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 6. CD Lugo e San Tirso SD Cadete, 6 puntos... 10. Coruxo FC, 4 puntos... 15. Salgueiriños CF, 1 punto...

Categoría infantil
División de Honra, 3ª xornada: CD AREOSA - INFANTIL, o sábado 28 de setembro ás 11:30 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
División de Honra, 3ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - ESCOLA FÚTBOL DSF, o sábado 28 de setembro ás 16:30 no Monte

Categoría alevín
XII Memorial Manolo Carreira no campo Monte da Aira (Velle, Ourense)
Domingo 29 de setembro
Primera Fase
10:20: ALEVÍN A - ED OURENSE
12:20: CD RÚA - ALEVÍN A
13:00: ALEVÍN A - CD ARENTEIRO
Os dous primeiros pasarán a cuartos de final

XII Memorial Manolo Carreira no campo Monte da Aira (Velle, Ourense)
Domingo 29 de setembro
Primera Fase
10:20: PABELLÓN OURENSE CF - FABRIL FC ALEVÍN
11:40: FABRIL FC ALEVÍN - VERÍN CF
13:40: FABRIL FC ALEVÍN - EF LALÍN
Os dous primeiros pasarán a cuartos de final

Categoría benxamín
XII Memorial Manolo Carreira no campo Monte da Aira (Velle, Ourense)
Sábado 28 de setembro
Primera Fase
10:40: BENXAMÍN A - PABELLÓN OURENSE CF
11:20: UD OURENSE - BENXAMÍN A
12:40: BENXAMÍN A - SPORTING CELANOVA
Os dous primeiros pasarán a cuartos de final

XII Memorial Manolo Carreira no campo Monte da Aira (Velle, Ourense)
Sábado 28 de setembro
Primera Fase
10:00: EF LALÍN - FABRIL FC BENXAMÍN
12:00: FABRIL FC BENXAMÍN - CD VELLE
13:20: FABRIL FC BENXAMÍN - CD A PURÍSIMA
Os dous primeiros pasarán a cuartos de final