RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Dani Barcia: "Cada minuto que teña vouno a aproveitar coma se fose o último"

Dani Barcia confesou sobre o seu debut en LaLiga Hypermotion o pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o Burgos CF que "é o que esperaba, debutar no fútbol profesional e máis co Deportivo. É unha sensación que non podo explicar, así que estou moi agradecido a todos".

Ao escoitar o seu nome pola megafonía do estadio asegurou sentir "moita alegría. Levo aquí moitos anos xa traballando e é o que levo querendo desde sempre. Cando din o teu nome é inexplicable, é unha alegría que non pode conter e é como unha recompensa a todo o traballo que levas facendo desde pequeniño".

Lamentouse de que o resultado non acompañase: "Se se dese cos 3 puntos sería xa como pór o broche a todo, pero non se puido. Temos que seguir para tentar conseguir o vindeiro venres os 3 puntos".

O central deportivista conta que "saíu ao campo a xogar. Fíxeno o mellor que puiden. Tiven a sorte que me saíu ben. É o que levo facendo toda a temporada para cando me chegase o momento poder facelo o mellor posible e axudar ao equipo. Teño que seguir traballando como até agora para seguir xogando os próximos partidos e tentando axudar ao equipo o máximo posible".

Desvela que "o ano pasado tentei demostrar todo o que puiden e si que é verdade que non tiven os minutos que quixese, pero estaba no Deportivo e xa era un premio só iso. E este ano estando en Segunda División tamén estando en casa tamén é unha alegría inmensa poder estar aquí. Cada minuto que teña vouno a aproveitar coma se fose o último".

Recalca Dani Barcia que "a nosa idea xa desde o ano pasado foi sacar o balón desde atrás, ter a máxima posesión e tentar dominar ao rival. E este ano non vai ser menos. Aínda que sexan equipos mellores nosa idea seguirá sendo a mesma e tentaremos sacar desde atrás, tentar dominar ao rival para poder xerar ocasións".

Do partido deste venres 27 de setembro ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos) no Estadio Carlos Belmonte ante o Albacete Balompié opina que "gañar é moi importante, pero nós temos claro que estamos nun bo momento non con puntos, pero si de xogo; e temos que seguir desenvolvendo iso. É verdade que nos fai falta detallar algunhas accións, sobre todo en áreas ou nalgúns aspectos, pero estamos tranquilos. Temos que ir a por os 3 puntos, estamos coa conciencia tranquila e tarde ou cedo vanse a dar as vitorias".

Insiste en que a pesar de que é "pronto", "teñen que empezar a darse xa os resultados. A temporada pasada tiñamos máis presión que esta, tiñamos un obxectivo moi claro. Esta temos que tentar ir cada finde a por a vitoria e se se dá, ben; e se non traballar a semana seguinte para conseguir os 3 puntos e empezar unha boa serie, que é o que nos pode levar a subir na clasificación e sacar todas as dúbidas que poden xurdir".

Finalmente destacou a Pablo Martínez, ao que substituíu no once, porque "é un xogador tamén de 10 e é un pracer poder compartir vestiario con el"; e apunta que hai co Albacete Balompié unha "espiniña" do último play off de ascenso a Segunda División disputado hai 3 temporadas en ABANCA-RIAZOR: "Ese día afectounos moitísimo a todos os deportivistas e esperamos poder darlles unha alegría o venres".