O Cadete dobrega a resistencia do ED Xuventude de Oroso na segunda metade
O Cadete dobregou (5-0) a resistencia do ED Xuventude de Oroso na segunda metade, na que anotou todos os seus goles.
Miguel de Labra -2-, Balbas, Leandro e Yago foron os autores dos tantos branquiazuis neste encontro correspondente á 13ª xornada na División de Honra.
Con este resultado, o equipo de Daniel González é líder con 39 puntos por 34 do RC Celta, quoe ten pendente o seu partido ante o UD Ourense hoxe luns.
Cadete: Rodrigo, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Leandro, Yago, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Balbas, Mosquera, Diego e Xoel.
A próxima fin de semana o Cadete pon fin ao ano 2023 coa súa visita ao Pabellón Ourense CF.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego) Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1 Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago) Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1 UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro) Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1 CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-) Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2 Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego) Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0 Victoria CF 1 - Cadete 4 (Miguel de Labra -3- e Diego) Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Balbas, Leandro e Yago) - ED Xuventude de Oroso 0