O Dépor ABANCA desprázase este venres a Canarias para visitar este sábado 11 de xaneiro ao UD Costa Adeje Tenerife Egatesa
O Dépor ABANCA desprázase este venres 10 de xaneiro ás Illas Canarias para visitar o sábado 11 a partir das 12:00 (hora galega, 11:00 hora local) no Municipal de Adeje ao UD Costa Adeje Tenerife Egatesa, no primeiro partido de Liga F en 2025.
Antes de viaxar, As Nosas realizarán un último ensaio en Abegondo, a partir das 8:30.
O regreso á Coruña será o mesmo sábado 11 de xaneiro após o partido, con chegada ás 21:30 horas á Cidade Deportiva.
O plan de viaxe é o seguinte:
Venres 10 de xaneiro 8:30: Adestramento en Abegondo 11:30: Saída da Cidade Deportiva 13:25: Saída de Santiago con destino ao Aeroporto de Tenerife Norte 15:30 (hora local): Chegada ao Aeroporto de Tenerife Norte e aloxamento no Hotel Barceló Tenerife
Sábado 11 de xaneiro 12:00 (hora galega, 11:00 hora local): UD Costa Adeje Tenerife Egatesa - Deportivo ABANCA, no Municipal de Adeje 16:30 (hora local): Saída do voo de Tenerife Norte con destino Galicia 21:30 (hora aproximada): Chegada á Cidade Deportiva de Abegondo