O Dépor ABANCA, na súa estrea baixa as ordes de Fran Alonso, non completa un bo partido e cae fronte ao Granada CF
As Nosas sofren unha dura derrota (5-0) en Granada no primeiro encontro de Fran Alonso como técnico.
A primeira internada por banda dereita anotoulla Ainhoa, no minuto 2, finalizando con saque de portería para o conxunto local.
Un centro con perigo á área das granadinas no minuto 7 foi interceptado por Raquel despexando o perigo. Após iso xurdiu o primeiro disparo á portería rival dos pés de Bárbara, que se desviou a poucos metros da porteira.
Aos 10 minutos de encontro, unha falta no bordo da área para As Nosas levou a cartolina amarela para a dorsal 6.
A pesar de comezar sendo un partido igualado e mesmo decantándose con máis chegadas visitantes, no primeiro cuarto de hora de partido un centro de Alexia ao segundo pau, e rematado por Laura Pérez, converteuse o primeiro gol do partido.
Após o gol, o conxunto local tomou as rendas, e encadearon diferentes chegadas á portería de Yohana. Con iso e grazas a un córner no minuto 26 para as locais que despexou a porteira coruñesa ao centro da área, nun segundo intento, Isa Álvarez coa espuela conseguiu esta vez atopar portería e subir outro gol ao marcador.
Os últimos tramos da primeira parte continuaron sendo un monólogo do conxunto branquivermello con diferentes internadas que foron disipadas polas Nosas.
Desta forma concluíu a primeira parte na Cidade Deportiva de Granada.
Após o paso polos vestiarios, e ao catro minutos de comezar a segunda parte, Cristina Postigo realiza unha volea imparable para a gardameta, que primeiro se atopa co traveseiro para finalmente entrar na rede. O pesadelo na área para as branquiazuis continuou e apenas dous minutos despois de recibir o terceiro gol, Ornella converteu o 4-0.
Fran Alonso tentou dar un aire fresco ao encontro cos cambios de Lucía e Marina por Olaya e Henar que xa estaba amoestada. A pesar diso, as branquivermellas seguiron coas súas numerosas internadas á área visitante e con máis intensidade que na primeira parte, a pesar do seu resultado tan favorable. Nun destes achegamentos conseguiron de novo un tanto máis, grazas a un man a man entre Yohana e Edna Imade.
Após o último gol, e con diferentes cambios en ambos os equipos, o encontro converteuse en chegadas máis igualadas para ambos os conxuntos, pero sen acerto. Millene, a escasos minutos do final, probouse cun tiro desde fóra da área que deu no pau, e que foi o maior achegamento das Nosas. Con iso concluíu o encontro na Cidade Deportiva de Granada.
Granada CF: Sandra, Isa Álvarez, Ariadna Mingueza (Miku Ito min. 62), Laura Pérez (Amaia Iribarren min. 69), Ornella, Lauri (Andrea Gómez min. 61), Alba Pérez, Edna, Postigo, Leles (Clara Rodríguez min. 80) e Alexia (Lucía Ramos min. 69).
Dépor ABANCA: Yohana, Vera, Raquel, Henar (Marina min. 55), Paula Gutiérrez (Eva Dios min. 74), Cris Martínez (F. Lara min. 66), Olaya (Lucía min. 55), Ainhoa Marín, Bárbara (Ori Altuve min. 66), Hmírová e Millene .
Árbitra: Olatz Rivera Olmedo, pertencente ao Comité de Árbitros do País Vasco. Amoestou a Alba (min. 10), Leles (min. 39), Henar (min. 40) e Ori Altuve (min.70).
Goles: 1-0 Laura Pérez (min. 16); 2-0 Isabel Álvarez (min. 26); 3-0 Cristina Postigo (min. 49); 4-0 Ornella (min. 51); 5-0 Edna Imade (min. 60).
Incidencias: partido correspondente á 12ª xornada en Liga F disputado na Cidade Deportiva do Granada CF.