O Dépor, desde hoxe luns "a polo partido, a polos 3 puntos" en Burgos
O Dépor adestrouse esta mañá en Abegondo despois do día de descanso de onte domingo e o de mañá martes.
Mario Soriano, na zona mixta da Rosaleda o pasado sábado, asegurou que o equipo vai "desde o luns a polo partido e a polos 3 puntos" no Plantío ante o Burgos CF este domingo 19 de xaneiro ás 14:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2).
O polivalente centrocampista branquiazul lembra que "no partido de ida reflectiuse que equipo é o Burgos. Non cambiou moito".
Lembra que en ABANCA-RIAZOR no partido da primeira volta ante os casteláns "tivemos o balón e o control durante todo o encontro. Nesa acción errada que tivemos puxéronse por diante e gañáronnos".
A sesión de hoxe luns foi de recuperación para os titulares o pasado sábado ante o Málaga CF. Este grupo de xogadores só realizou no céspede a primeira parte da sesión: unha activación con rondos e un exercicio de posición.
Para o resto houbo ademais unha tarefa de transicións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.
Están con adestramento personalizado Lucas, Barbero e Escudero.
Os Nosos retoman o traballo de novo o mércores 15 de xaneiro a partir das 11:00 en Abegondo.