O Dépor inicia mañá martes 7 de xaneiro a súa primeira semana de competición en 2025 que concluirá o sábado na Rosaleda
O Dépor, hoxe luns 6 de xaneiro con xornada de descanso, arrinca mañá martes 7 a súa primeira semana de competición en 2025, que concluirá o sábado 11 de xaneiro ás 18:30 na Rosaleda ante o Málaga CF.
Será o primeiro dos 4 partidos previstos neste mes de xaneiro para os branquiazuis.
Os Nosos inician o ano e a segunda volta de LaLiga Hypermotion en 17ª posición da clasificación con 24 puntos.
Óscar Gilsanz, técnico deportivista, disporá de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva antes do choque ante os malacitanos, con esta planificación:
Martes 7 de xaneiro 11:00 h.
Mércores 8 de xaneiro 11:00 h.
Xoves 9 de xaneiro 11:00 h.
Venres 10 de xaneiro 11:00 h.
Sábado 11 de xaneiro 18:30: Málaga CF - Deportivo, na Rosaleda
Cada día que haxa sesión de traballo, o cadro almorzará e comerá na instalación.