Volta ao traballo para Os Nosos nunha sesión de alto ritmo en espazos reducidos
Após o día libre de onte luns 6 de xaneiro, festividade ademais dos Reyes Magos, o Dépor retomou hoxe martes os adestramentos nunha chuviosa mañá en Abegondo.
Óscar Gilsanz puido contar con todos os seus futbolistas no céspede nunha sesión con alto ritmo posto que todos os exercicios dispostos polo corpo técnico foron en espazo reducido.
Así, o adestramento comezou cunha activación con roda de pases supervisada polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.
A continuación, houbo rondos de presión e un exercicio de posición no campo 2; e unha serie de partidos no campo 3.
Retiráronse antes aos vestiarios David Mella, cunha torcedura de nocello; e Iván Barbero, por control de carga.
O porteiro Alberto foi hoxe o representante de #ANOSACANTEIRA.
Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 11:00 e seguirá así a preparación do encontro de liga, primeiro do 2025 e da segunda volta de LaLiga Hypermotion, deste sábado 11 de xaneiro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) na Rosaleda ante o Málaga CF.