RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz afina a puntaría a un Dépor que "está a adestrar moi ben desde que volvemos de vacacións"

Óscar Gilsanz fixo fincapé esta mañá na puntaría dos seus xogadores de cara ao encontro deste sábado 11 de xaneiro ás 18:30 na Rosaleda ante o Málaga CF (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2).

 Así, o técnico deportivista dispuxo, após unha activación, un exercicio de finalizacións no campo 2 con 3 porterías e 3 grupos.

A sesión continuou para os branquiazuis cun partido no campo 3.

Un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario, Ximo Navarro, asegurou en rolda de prensa que o equipo "está a adestrar moi ben desde que volvemos de vacacións".

Todo o cadro estivo sobre o céspede aínda que David Mella, que arrastra unha torcedura de nocello do adestramento de onte, realizou a primeira parte co grupo e a continuación pasouse pola sala de fisioterapia.

Tamén se retirou antes aos vestiarios Petxarroman, neste caso por control de carga.

Mañá xoves 9 de xaneiro haberá un novo adestramento a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.